O Club Ciclista de Burela arrincou o mes de maio con varias actividades que se prolongarán durante todo o mes.
O pasado sábado 4 de maio nove dos seus integrantes desprazáronse a Ponferrada para participar na proba de BTT denominada 101 Peregrinos, que trancurre principalmente polo “camiño de Santiago de inverno” e na que participaron máis de 1.000 ciclistas, 500 corredores a pé e máis de 300 que fixeron a proba de duatlón e outros tantos que se apuntaron á marathón.
Ese mismo día outros 5 compañeiros desprazáronse a terras cántabras para participar na marcha de bicicleta de estrada de Peña Cabarga donde conseguiron o trofeo ó Club máis lonxano e ademáis chegaron nos primeiros postos a línea de meta.
Ademais disto, o domingo 12 participarán nunha kedada de btt en Abadín, o sábado 18 faremos unha ruta de btt saíndo do Vicedo e pasando polas Ribeiras do Sor, O Barqueiro, Porto de Bares e regreso O Vicedo con uns 60 km, o sábado día 25 farán unha ruta en bicicleta de estrada dende Gijón ata os Lagos de Covadonga de 100 km. de distancia facendo a ascensión a ese duro porto. O domingo 26 farán unha ruta de senderismo polo litoral de Xixón ata a praia de La Ñora e remate en La LLoreda.
IV Desafío en BTT do CC Burela
Ademáis de todas estas actividades tamén están a preparar o percorrido do que será o IV DESAFÍO EN BTT DO CC. BURELA que se celebrará o sábado 13 de xullo.