Cervo, 27 de maio de 2013-A Comisión Especial de Contas debateu esta mañá o convenio de colaboración que o goberno local pretende asinar coa Dirección Xeral de Catastro para mellorar, facilitar e axilizar todos os trámites que teñen que realizar os cervenses en materia catastral. Unha comisión á que estaban convocados todos os grupos e á que non asistiron os representantes socialistas.
En concreto, trátase dun convenio a través do cal o Punto de Información Catastral do Concello de Cervo poderá xestionar os expedientes dos cervenses, dende o comezo ata o final do proceso, de forma que toda a documentación relacionada con cada caso e a resolución dos expedientes quedará en mans deste departamento municipal. As principais xestións que se poderán realizar son as de tramitación e aprobación de expedientes de alteración catastral e as transmisións de dominio sobre bens urbanos e rústicos. Ao mesmo tempo tamén se ofrecerá información e asistencia directa ao contribuínte sobre estes asuntos.
Esta capacidade do Concello para realizar os trámites catastrais ao completo será unha grande novidade con respecto ás funcións asignadas ata o de agora, de recollida de solicitudes e demais documentación que presentaban os contribuíntes e posterior traslado á Dirección Xeral de Catastro, que era a única que podía resolver ditos expedientes. Así, dende que entre en vigor o convenio, o Concello poderá recibir, xestionar e resolver un mesmo expediente sen necesidade de que este saia das oficinas municipais.
Deste xeito, os trámites entre o usuario e a administración serán “máis áxiles e máis próximos ao cidadán” tal e como explica a edil de Facenda, Yolanda Pedreira, “eliminando carga burocrática e centralizando as xestións nunha soa administración”. Tamén cabe destacar que esta novidade permitirá adaptar o servizo municipal de Catastro aos soportes e formatos informáticos establecidos pola Dirección Xeral de Catastro utilizando os medios telemáticos para o intercambio de información entre administracións.
Hai que especificar que a adquisición de novas competencias por parte do Punto de Información Catastral do Concello só implica a tramitación completa dos expedientes a través da fórmula da encomenda de xestión, pero en ningún caso a asunción da titularidade das competencias, que seguen sendo da Dirección Xeral de Catastro.
Esta iniciativa atópase na fase inicial de instauración, e o que se fai nun primeiro momento é solicitar á Dirección Xeral de Catastro, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, a subscrición do convenio de colaboración entre dita administración e o Concello de Cervo.
Unha acción que vai na liña de “achegar a administración ao cidadán ofrecendo os trámites e servizos que tiñan máis lonxe”, engade Pedreira, como é o caso tamén das xestións necesarias para cambiar de domicilio no permiso de condución ou de circulación, que ata o de agora tiña que facerse na Dirección Provincial de Tráfico en Lugo e que dende hai uns días pódese realizar nas oficinas municipais.




















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



