Santiago, 27 de maio de 2013.- Os deputados autonómicos do Grupo Popular, José Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra explicaron hoxe que a súa formación política vén de rexistrar unha iniciativa para que o Parlamento galego reprobe o pacto asinado por PSOE, Udival e BNG polo que se estaría a poñer prezo á gobernabilidade do concello lucense do Valadouro.
Lembremos que concelleiros socialistas e dun partido independente local, Udival, futuros socios de goberno, estipularon ante notario que se indemnizarán mutuamente con 100.000 euros se un deles rompe ou incumpre o pacto de goberno. O BNG apoiaría o acordo aínda que non estaría condicionado pola indemnización. A devandita cláusula estableceuse como garantía complementaria á presentación dunha moción de censura pola que se busca apartar da alcaldía do Valadouro ao rexedor do Partido Popular, José Manuel Lamela.
Os populares aseguran que este tipo de artimañas “converten a democracia nunha mera transacción mercantil e, o que debera ser un mero pacto político, transfórmase nun acordo económico”. Aseguran ademais que non se respecta o principio de representatividade democrática, nin a liberdade de acción dos concelleiros e que supón un feito gravísimo e inaudito na historia da nosa democracia.
“Con independencia de como se xestione, da coincidencia programática ou de ideas o futuro bipartito local está condenado a entenderse a través dun pacto que asemella un matrimonio de conveniencia e que non ten para nada en conta os intereses dos veciños do Valadouro”- expoñen desde o PP.
Os populares queren promover un acordo parlamentario para rexeitar este tipo de prácticas e evitar así que poidan xeneralizarse noutros concellos galegos ou institucións, se non o teñen feito xa. Esta sospeita nace tras coñecerse que, foi o secretario xeral do PSOE en Lugo e aspirante á secretaría autonómica do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, o muñidor desta artimaña pola que se estaría a mercadear coas alcaldías, coa política local.
Finalmente explican desde o Grupo Popular que non só o Parlamento de Galicia terá oportunidade de reprobar os termos deste acordo xa que logo tamén os populares tamén teñen previsto promover iniciativas similares na Deputación de Lugo. Os populares buscan unha desautorización expresa deste proceder que en todo caso, xa inhabilita moralmente aos seus promotores.


















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



