Mondoñedo, 31 de maio de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo alerta de certas accións acometidas baixa a responsabilidade do equipo de goberno do Concello de Mondoñedo e que repercuten negativamente nas arcas municipais, ademais de entrañar certa perigosidade.
Os populares verteron estas declaracións en relación á sanción interposta pola Xefatura Provincial de Tráfico, con data 27 de febreiro de 2013, contra o Concello de Mondoñedo por circular cun vehículo cuxos pneumáticos non presentan debuxo nas ranuras principais da banda de rodamento.
O PP de Mondoñedo lamenta que este proceder lle supuxera aos veciños da localidade unha sanción de 200 euros, ademais de alertar da temeridade e da inseguridade que supoñen este tipo de accións. Explican os populares que o desgoberno e pouco control no día a día, por parte do equipo de goberno, deriva nestas irresponsabilidades
Asemade, dende o PP esíxenlle ao rexedor local que explique de maneira detallada o destino dos 4.700 euros facturados en concepto de subministro de rodas en agosto do ano 2012, aínda que recoñecen que a factura non detallaba que rodas se mercaran e os populares ignoran o destino
Os populares denunciaran no seu momento, a compra de rodas en talleres de fora do municipio, sen solicitar previamente orzamento nos negocios municipais. Unha actitude que os populares tachaban de “lamentable” e recordábanlle a Orlando González que a economía local precisa axuda e polo tanto, os negocios do municipio, “deben ter como mínimo a oportunidade de ofertar os seus produtos”.
Agora, ademais de mostrar “despreocupación” pola economía local e non procurar contratos no municipio, o rexedor local provócalle ao Concello “gastos que deben asumir todos os mindonienses e que poderían ser perfectamente evitables”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



