• Este acometido repercute negativamente tanto na economía como no día a día mindoniense ao inhabilitar espazos e diminuír as prazas habilitadas para estacionar sen ofrecer alternativas ao respecto.
• Os populares critican que a obra presente diferenzas respecto ao proxecto, dubidan do proceso de adxudicación e lamentan que o resultado final dun investimento de 1,1 millóns de euros amose, entre outros, mal estado do firme e das canalizacións.
• Dado unha xestión que empeora a vida dos mindonienses e que incide de forma pésima no turismo e nos negocios locais, os populares cualifican como “coherente” que o alcalde presente a dimisión.
Mondoñedo, 9 de maio de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo pide responsabilidades políticas ante o resultado que presenta a obra do entorno da Catedral, da Fonte Vella e do Seminario, que os populares denunciaron en reiteradas ocasións ata pedir en pleno a constitución dunha comisión para investigar a xestión e a execución da citada infraestrutura.
Os populares consideran que o goberno local “debe responder ante unha situación que repercute negativamente tanto na economía como na vida dos veciños”, asegurou a popular, Elena Candia. “Sería coherente a dimisión” dun rexedor que xestiona os bens públicos en detrimento dos veciños, matizou.
As obras do entorno da Catedral, do Seminario e da Fonte Vella supuxeron un investimento de 1,1 millóns, cuxo resultado presenta un mal estado observable polos visitantes e veciños con arquetas que rompen de xeito continuado, con mal estado do firme, con pedras rotas ou inclusive cun pésimo mantemento das canalizacións.
Este acometido reduciu o número de prazas de aparcamento na localidade, sen que o goberno local ofreza alternativas ao estacionamento, asfixiando desta forma “aos veciños, ao comercio e ao turismo local”, dado o incremento no número de sancións impostas en materia de tráfico.
Neste senso, os populares lembran que o bipartito do concello variou a prohibición total de estacionamento nesta zona tras escoitar as alegacións dos veciños e do PP. Sen embargo e pese a esta modificación, as obras reduciron as prazas de estacionamento e dificultaron o tráfico rodado na localidade, o que provoca a “indignación dos veciños”, que non contan con alternativas para deixar os seus vehículos.
Neste senso, o Partido Popular manifestou en todo momento e reitera a necesidade de acordos consensuados e pactar unha reordenación de tráfico na cidade, sensibilizando á poboación no uso razonable e respectuoso dos espazos que fomente a convivencia de peóns e vehículos, conlevando un aspecto dinamizador da riqueza para o comercio e a hostalería mindoniense.
En relación coa citada obra, os populares denunciaron un resultado que presenta diferenzas respecto ao proxecto feito, ao que se lle engade a dubidosa adxudicación da obra, tendo en conta que o PP non ten constancia de que se materializaran as melloras (actuacións non obrigadas por proxecto pero comprometidas a realizar pola empresa), acordadas a levar a cabo pola entidade adxudicataria, sendo este o criterio practicamente determinante de que a empresa resultara elixida para a realización desta actuacións.
Todos estes indicios que queren comprobar os populares, levou ao partido a pedir a través dunha iniciativa plenaria unha comisión para investigar esta obra; xa que considera que “alguén debe responder ante o despilfarro de máis de 1,1 millóns de euros públicos”.