O pasado 8 de febreiro o PP de Viveiro solicitaba ao goberno local a través dos medios en concreto ó alcalde e delegado de obras, a inmediata reparación da rúa de acceso ó antigo colexio de Covas en estado lamentable provocado polas roturas da canalización de auga e o saneamento en pésimas condicións, motivo polo que provoca danos coma gretas nalgunhas vivendas e fochancas en dita rúa.
O PP de Viveiro solicitou en repetidas ocasións a reparación de dita rúa coas respectivas canalizacións de abastecemento e saneamento, aínda que só se fixo o mantemento dos fochancas existentes, pero a rúa segue cos mesmos problemas, con roturas constantes de auga e coa rede de sumidoiros en malas condicións, o que provoca ríos de auga cando chove polo que resulta imposible camiñar por ela, si a isto lle engadimos fugas constantes das canalizacións existentes, prodúcense danos que incluso afectan a vivendas provocando gretas.
O PP xa daba conta da preocupación de moitos veciños de Covas pola situación de abandono dos inmobles da rúa Suasbarras n 3 e o 41/43 así coma o antigo Hotel Cociña polo risco de caída tanto de fachada como da cuberta de obxectos á vía pública col conseguinte risco para os veciños e automobilistas da cal o PP solicitaba do alcalde e delegado de obras que se tomasen as medidas oportunas de seguridade como medida preventiva. Na mesma nota de prensa do 8 de febreiro o alcalde afirmaba en resposta a este concelleiro que os servizos técnicos do Concello xa fixeron un informe das citadas vivendas da rúa Suasbarras e as fochancas da rúa de acceso ó antigo grupo escolar non se podían tapar ata pasar a temporada de choivas.
O PP de Viveiro O 19 de febreiro solicitou por rexistro do Concello o informe técnico da situación das citadas vivendas, e o informe entregado o 25 de marzo no que con data 8 de febreiro se solicita ós técnicos municipais emitan informe da situación dos inmobles da rúa Suasbarras n 3 -39-41-43 da parroquia de Covas.
En dito informe, do edificio de Suasbarras n3, determina que na cuberta non se aprecia síntomas de afundimento, os muros de fachada aparentemente non presentan gretas profundas, os canalóns non están en bo estado o que provoca a caída de auga á rúa e os balcóns presentan algún desprendemento provocado por corrosión do ferro interior. Con relación ás vivendas n 39-41-43 da rua Suasbarras non presenta síntomas de perigo tanto a persoas coma edificacións próximas. E, sobre o antigo Hotel Cociña, infórmase que ten en mal estado os canalóns e desprendemento de parte do inferior dos balcóns.
O PP de Viveiro visto estes informes sobre estas vivendas, e comprobando que algunhas delas concretamente a n 41 e o antigo Hotel Cociña, teñen o risco para os viandantes e vehículos como consecuencia de pezas de pizarra soltas e algunha pedra nas cubertas, facéndonos participes da súa preocupación polas deficiencias, solicitamos do goberno local obrigue ós propietarios, a solucionar a problemática destas edificacións .
Todo iso nos leva a asegurar que o alcalde falta á verdade o 8 de febreiro nas declaracións á prensa escrita, asegurando que os servizos técnicos do Concello fixeran un informe sobre a situación das vivendas da rua Suasbarras n 3 – 41 -43 e antigo Hotel Cociña da parroquia de Covas tratando de deslexitimar a este concelleiro sobre a situación das vivendas, cando no informe dos técnicos do noso Concello consta que a solicitude do alcalde é do día 8 de febreiro de 2013 e as fotografías das vivendas son do 15 de febreiro e o informe técnico é do 17 do mesmo mes, o cal demostra que foi o mesmo día 8 que sae a nota de prensa do PP de Viveiro cando o alcalde solicita ós técnicos o informe sobre as vivendas da rúa Suasbarras de Covas e non antes, como manifestou faltando á verdade unha vez máis.
O PP de Viveiro a través desta nota de prensa desexa poñer de relevo a preocupación dos veciños pola situación de abandono destes inmobles e deixar claro que as afirmacións do alcalde non se axustan á verdade sobre a data do informe dos técnicos do Concello.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



