Valadouro, 26 de maio de 2013.- O Partido Popular na provincia de Lugo instou hoxe a María Joée López, concelleira do partido local Udival a que teña a valentía de facer público o que segundo ela, se lle ofreceu por parte do PSOE do Valadouro para asinar un pacto de goberno no ano 2007. Naquel momento non frutificaron as conversas para conformar un acordo de gobernabilidade co PP trala marcha ao grupo mixto dunha concelleira popular ,e a edil de Udival, daquela baixo as siglas de Terra Galega, mantivo conversas co PSOE para asinar un pacto cuxo contido, cláusulas e compromisos mantense ocultos aos veciños pero que de novo volven a ser obxecto das peores sospeitas e podía ir encamiñado nos mesmos termos que o actual.
Os populares rexeitan as artimañas dunha concelleira que ten convertido a representatividade política nunha cuestión monetaria, por riba do interese veciñal, de aspectos programáticos ou da defensa dunha xestión e, de feito, poñen de relevo o contraste existente entre o pacto asinado polo PP con María José Fernández Díaz en 2007, “que a propia concelleira fixo público hoxe e que como todo o mundo pode comprobar é exclusivamente político” e o que agora formalizaron ante notario con PSOE e BNG “movido só por intereses económicos” e que segue a estar oculto na súa integridade, pese ás peticións reiteradas para que se faga público e ao lóxico interese que xera entre os propios veciños.
Unha vez máis desde o Partido Popular censuran a actitude de UDIVAL e do conxunto dos promotores da moción de censura que, co beneplácito de Besteiro, decidiron facer do Valadouro unha escándalo de dimensión nacional, tras poñer prezo á gobernabilidade deste concello lucense algo que, ademais de concitar o rexeitamento xeral, están convencidos, tamén indigna aos propios veciños do municipio.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



