A Mariña, 24 de maio de 2013. O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, clausurou, esta tarde, as xornadas técnicas que se celebraron no marco a décimo quinta edición do certame Expomar, no que están a participar 300 empresas dos sectores pesqueiro, conserveiro e náutico. Esta cita anual consolida á comarca da Mariña como capital destes sectores para toda Galiza, o norte do Estado e o norte de Portugal e constitúe unha boa oportunidade para facer negocios para as empresas e profesionais que participan nela.
Durante a súa intervención, Veiga fixo un chamamento a todas as administracións públicas para apostar polos sectores pesqueiro e conserveiro e impulsalos como motores de estímulo económico. “A pesca no noso país ten potencial suficiente para continuar crecendo, abrir novas vías de negocio e crear postos de traballo. Só na comarca da Mariña o 8 por cento da poboación ocupada pertence a estes sectores e cada emprego que se crea no mar, crea outros tres na industria de transformación en terra. Os poderes públicos competentes deberan colaborar na elaboración dun plan de impulso económico que respecte o desenvolvemento sostíbel dos recursos do mar e teña, entre outros obxectivos, a busca de valor engadido”.
O sector pesqueiro está a pasar un momento que o vicepresidente da Deputación tildou de “dramático” e achaca á dependencia das cotas que determina Europa e que “supoñen unha esmola para a flota galega ao non ser acordes coa dispoñibilidade real de recursos. A flota da Mariña ten prohibida a pesca de cabala cando esta é unha das especies máis abundante nas nosas costas. E temos que recordar o asunto do ‘box irlandés’, zona que permanece vedada aos pescadores galegos desde 1.986 cando o Estado entrou na Unión Europea”.
Ademais de buscar solucións ao sistema de cotas restritivo, Veiga insistiu na necesidade de apoiar a promoción de marcas propias da comarca, como a Merluza do Pincho de Celeiro ou o Bonito de Burela, de fechar o ciclo produtivo apoiando as empresas de transformación, sen esquecer a relevancia e o papel imprescindíbel das empresas exportadoras.
“Os sectores pesqueiro, conserveiro e náutico deben afrontar importantes retos nun espazo de tempo moi curto para garantir o seu futuro; un futuro que debe xirar entorno a tres grandes eixos: promover a igualdade de oportunidades no marco comunitario, potenciar a transformación dos produtos do mar e mellorar a conservación do peixe en fresco, o que require investir en I+D+i” –concluíu o vicepresidente da Deputación Provincial.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



