Os Sendeiros de Foz participaron este domingo 26 de maio nunha xuntanza na Pontenova en compañía de sendeiristas de Galicia e Asturias. A ruta partiu do alto do monte coñecido como Coto de Frades que conta cunha altitude de 950 metros. Despois de descender ata A Pontenova unha distancia de 15,300 km. puideron repoñer forzas cun xantar a base de bolos preñados con chourizo e bolos de liscos cunha sobremesa a base de requesón de Taramundi.
