A exposición de homenaxe ó encaixe de bolillos e ás artesanas que manteñen viva na provincia esta técnica, Palillando no Camiño, pechou onte as súas portas logo de atraer a centos de lucenses e foráneos ata a Capela de Santa María. Dende a data da súa inauguración, o pasado 2 de maio, esta mostra de marcado carácter didáctico e interactivo, logrou que 700 persoas se achegasen ata a Capela para admirar os traballos destas mulleres e para asistir ás demostracións en vivo e leccións prácticas que estas ofreceron.
Oito agrupacións de mulleres artesanas da provincia estiveron presentes: a Asociación de Palilleiras de Sarria “Camiño de Santiago”, que exerceron de anfitrionas; o grupo de Palilleiras de Cervo, Burela e Foz; a Asociación Cultural de Quiroga; o grupo “Agulla máxica”, de Lugo; o grupo “Bosque Sagrado”, que reúne a palilleiras de Vilalba, Cerdido, Santaballa e As Pontes; as palilleiras dos Centros Socioculturais lucenses de Lamas de Prado, Trapero Pardo, Milagrosa e Fingoy; a Asociación “As Encaixeiras” de Burela e o grupo “Coas nosas mans” de Xove.
Elas foron as creadoras das 200 pezas que formaron parte da mostra, na súa maior parte, de inspiración tradicional de encaixe galego, aínda que tamén contou pezas realizadas baixo outras técnicas, coma dos chamados tipos ruso, belga (ou binche), ou danés (tonder), coas que confeccionaron prendas de vestir de adulto e neno, complementos decorativos de fogar e de moda, coma chales, broches, sombreiros, abanos ou mesmo xoias, realizadas en liño, fío e seda. Tamén foron mestras de moitos lucenses que se achegaron nalgunha das xornadas sinaladas, durante as que estas ofreceron interesantes demostracións en vivo do seu traballo e leccións prácticas ós asistentes.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



