Un total de 15 equipos participan nesta proba que se disputará en tres etapas os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño
Lugo, 27 de maio de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado polo delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, presentou, esta mañá, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a VI Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, que organiza a Vicepresidencia do ente provincial en colaboración co Club Ciclista Cidade de Lugo. O acto de presentación tamén contou coa presenza de José María Seijas, presidente do comité organizador, Laura Celeiro, alcaldesa de O Incio, e Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo.
Esta volta ciclista, na que participan un total de 15 equipos procedentes de Galiza, Asturias, Cantabria, Valencia, Murcia, Cataluña e Portugal, conta con tres etapas que se desenvolverán a vindeira fin de semana. O venres, 31 de maio, terá lugar a primeira delas, na comarca de Lugo, cun percorrido de 142 quilómetros; a segunda será na comarca da Mariña, o sábado 1 de xuño, con saída e chegada no Valadouro e cun trazado de 109 quilómetros; e a terceira celebrarase o domingo, 2 de xuño, na comarca Sur, con saída e meta no concello do Incio e cun percorrido de 127 quilómetros.
A área de Deportes da Deputación de Lugo puxo en marcha hai xa seis anos a Volta Ciclista ás Comarcas Lucenses, unha proba que segundo explicou Veiga “xa logrou asentarse no panorama nacional do ciclismo e avanza un chanzo máis no conxunto de probas do Estado español, nunha época na que competicións deste tipo están claramente en recesión debido ao mal momento económico que atravesa o deporte en xeral e o ciclismo en particular”.
Neste senso, o vicepresidente da Deputación lembrou que “un dos obxectivos da área de Deportes desta entidade é o de fomentar a práctica do deporte, sexa cal sexa a súa disciplina, en todas e cada unha das comarcas lucenses”. “Por iso – continuou Veiga- seguimos traballando para descentralizar a práctica e a organización de determinados eventos deportivos, un feito que suporá un forte impulso socioeconómico para as zonas nas se poñan en marcha este tipo de iniciativas”.
Pola súa banda, o delegado de Cultura e Turismo insistiu en que “debemos ter en conta a importancia e repercusión que ten esta proba, ademais do plano deportivo, no ámbito económico e turístico, xa que este campionato ciclista, a través das súas tres etapas, funciona como un auténtico escaparate para a posta en valor do noso territorio, da nosa riqueza paisaxística e cultural, e polo tanto supón tamén unha oportunidade económica para o sector turístico e hostaleiro da provincia”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
