Sesenta Concellos lucenses, o 90% dos da provincia, aplican xa unha ordenanza municipal elaborada e facilitada pola Deputación de Lugo ás entidades locais hai dous anos, que permite ós emprendedores abrir un negocio sen a obriga de contar coa licenza municipal. Deste xeito, subliñou o Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, “a Xunta, de novo, chega tarde”, incluído a supresión destes trámites na Lei do Emprendemento e da Competitividade Económica de Galicia que aprobou o xoves, e que aínda ten que someter a debate parlamentario.
Santos enmarcou a redacción da normativa que exime ós emprendedores de presentar a licenza municipal para poder poñer en marcha unha actividade económica na aposta da Deputación “pola máxima cooperación cos concellos”, pero tamén na súa estratexia de “reducir ou eliminar cargas burocráticas co obxectivo de prestar un servizo máis áxil e eficaz ós cidadáns, e aforrar custes á administración e ós administrados”.
De feito, a ordenanza reguladora da apertura de novos negocios que elaborou o organismo provincial “aforra importantes custes ós emprendedores”, explicou o Deputado de Cooperación, ademais de “acurtar nun mínimo de 4 meses o procedemento administrativo necesario para iniciar unha nova actividade económica, co que favorecemos a dinamización do tecido empresarial e a creación de emprego na provincia”.
O único requisito esixido é presentar unha declaración responsable nas oficinas municipais do Concello correspondente para poder comezar de inmediato a actividade económica, sempre e cando esta non deba ser sometida a avaliación de impacto ambiental.
“Cando hoxe, tanto a Xunta, como o Goberno central, ou outras administracións locais, tales como o Concello de Madrid, están difundindo a bombo e platillo que van facilitar a apertura de negocios ó requirir ó emprendedor só unha declaración responsable, é importante recalcar que non están inventando a pólvora, pois na Deputación de Lugo levamos máis de dous anos traballando nesta dirección”, destacou Álvaro Santos.
Algunhas das actividades económicas que se poden beneficiar da ordenanza elaborada pola Deputación son as seguintes: todo tipo de comercio polo miúdo (moda, alimentación, electrodomésticos, bricolaxe, construción, droguería, xoguetes, fotografía, xardinería ou galerías de arte comerciais); instalacións para a cría de animais domésticos; talleres de confección e xastrería, de encadernación, reloxaría, ourivaría, óptica ou ortopedia; ou centros e academias de ensino, institutos de beleza; despachos profesionais e xestorías.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



