Cando comprobas que os versos e as formas se entretecen, resoan e respiran polos “ollos das palabras”,cando as verbas das xentes escampan e adormecen para saborear moi sentidas lembrazas notas que a túa alma aboia e se engrandece entre as bágoas e absorto navegas polo mar da esperanza onde os artistas funden e amasan as cores de lume morno que bebe a escuma da auga coas estrelas acesas que sen nos decatar tripamos na lama. Daquela a xente comprende que entre nós existe outro mundo, o mundo das pombiñas brancas, o daqueles que confían na grandeza humana e peneiran a cotío as nosas miserias, caladiños, sen desmaio, expremendo ata o fondo das veas e os recunchos do corazón para atoparnos a billa enferruxada, a chave das nosas emocións.
O venres pasado, día vintecatro de maio, no Cenima de Foz, grazas o acto da Conmemoración do cincuenta aniversario da Librería Bahía, confluiron tódalas canles emotivas ata rebordar felizmente por todos nós. Un pracer imposible de esquecer.
Nada foi casual. Cadrou en venres, día da beleza e do amor na mitoloxía, e cadrou en maio, mes da máxima fecundidade, porque neste mundo nada hai comparable ós beneficios que o froito da cultura aporta á nosa sociedade. Marita e Suso, Suso e Marita, hai cincuenta anos que o sabían por iso semearon entre espiñas a filosofía do proverbio chinés no que, aínda hoxe, moitos non confían: “Se fas plans para un ano sementa arroz, se os fas para dez planta árbores máis se os fas de longa duración sementa cultura e promove a educación”. A historia e o inmenso legado cultural transmitido pola Librería Bahía e por toda a familia que a coida e a coidou afortunadamente non ten discusión por iso a ninguén lle estranou que o salón do Cenima estivera ateigado de amizade, de merecido afecto e de grande admiración.
Trala xustificada emoción do patriarca verquida ó longo do sempre lucido e proveitoso discurso fomos convidados pola súa digna sucesora a viaxar nas ás da escultura, da poesía e da música que docemente nos transportaron ata ó mundo máxico das fondas sensacións.
“Caxigueiro”, mestre moldeador de sentimentos, sempre disposto a compartir o seu universo sublime, promove a reflexión de que outro mundo pode ser e incluso nos fai comprender que nel mesmo se encarnan e se converten en visible realidade os pensamentos de Octavio Paz cando dicía: “non é poeta quen non sente a tentación de crear outra linguaxe” porque “ a poesía é o punto de intersección entre o poder divino e a liberdade humana”. Nese punto de intersección, nesa rotonda emotiva, soltounos da man o escultor mindoniense e daquela acougamos coma paxariños abraiados polos deleitosos versos afrontados, excelsos e fermosos agasallos de Baldo Ramos, envoltos na música celmosa de Mano Panferreteiro á que nin lle faltou a sorpresa de asentarlle no medio a voz primorosa de Tareixa Nécega. Todo un luxo sensorial que moito se agradece.
Como proba de que tan destacados eventos perduran e remodelan os nosos adentros confeso que eu mesmo reabrinlle os meus ollos a unha palabra que por inalcanzable xa tiña apartada: a sinestesia, a percepción simultánea da mestura sensorial que nos permite oir as cores e debuxar os sons, en definitiva un novo carreiro de introspección. Canto se aprende nun día! Ninguén se imaxina a gratitude que debemos toda a cidadanía, de Foz e da Mariña, a quen leva cincuenta anos semeando cultura, sen desmaio, dende a Libraría Bahía!
Francisco Piñeiro Glez




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



