Os equipos base do C.D.Foz colleitaron esta fin de semana unha vitoria e unha derrota. Os infantís da Liga galega xogaron o sábado no Marténez Otero ante o Orillamar coruñés e caeron derrotados por 1-2. Despois de xogar unha moi boa primeira parte chegouse ós vestiarios con empate a cero goles. Na reanudación, o Foz adiantouse no marcador cun gol de Hugo nunha magnífica xogada, pero a partir de ahí o equipo foi a menos físicamente e veuse superado por un Orillamar que acadou o empate e, a falta de 5 minutos, logrou o tanto da vitoria. Hai que seguir loitando; xa que a falta de catro partidos para o final de liga, aventaxa a Milagrosa en 4 puntos, xogándose case que toda a permanencia no enfrontamento dentro de quince días entre ámbalas dúas escadras.
Polo que respeta ós cadetes, xogaron o derradeiro encontro de Liga ante a Milagrosa no Municipal de Malates que recibiu aos campións cun pasillo. No partido desputado o domingo pola mañá, os focegos gañaron por 2-1. Boa primeira parte dos de Oke, que se adiantaron no marcador por mediación de Gonzalo e Dani e que baixaron o seu rendemento na segunda onde encaixou o gol visitante. Ata cinco infantís xogaron cos cadetes. Agora toca preparar ben a fase de ascenso, e para iso xogarase a Copa Deputación, enfrontándose no primeiro partido ó Iberia o vindeiro domingo. A fase de ascenso dará comenzo o 2 de xuño.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
