Coidar e manter limpo o entorno natural é o propósito do grupo de voluntarios de Alcoa San Cibrao que mañá, xoves 16 de maio, limpan a ría de San Cibrao. O club Limosas surf da localidade, que colabora na actividade, recibe 3.000 dólares da Fundación Alcoa como respaldo a esta iniciativa dos empregados da fábrica.
Os voluntarios limparán as marxes da ría, retirando os residuos e materiais alleos ó entorno natural dende a ponte romana ata a desembocadura do río Cobo. Tamén recuperarán os pasos tradicionais de pedras colocadas estratexicamente na auga de maneira que permitan ós veciños cruzar o río nos períodos de marea baixa.
O Concello de Cervo respalda así mesmo esta actividade que contribúe á mellora dunha área natural do municipio e participa aportando un camión e unha pala para a recollida e o traslado dos residuos que, unha vez segregados, se trasladarán ós centros de tratamento.
A conservación da riqueza natural do entorno é o obxectivo desta iniciativa dos voluntarios de Alcoa que dende fai anos dedican xornadas do seu tempo libre a limpar espazos naturais e ríos da Mariña, como o Ouro, o Xunco e o Cobo.
A misión da Fundación Alcoa é mellorar e fortalecer as oportunidades en educación, medio ambiente e mellora das condicións de vida dos habitantes das comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



