A Peña Manfra, de Ribadeo, celebrou a 44ª edición do seu encontro anual que incluíu unha comida no hotel restaurante Voar o domingo 2 de xuño. O colectivo, que foi creado no antigo bar Manfra no ano 1969, conta actualmente con 15 membros (a maior parte veciños de Ribadeo, pero outros residen actualmente nos municipios de Barreiros, Burela, Foz e Lourenzá). Antes da comida reuníronse para tomar un viño no local do antigo bar Manfra, a onde volveron despois para concluír o encontro coa tradicional partida de tute.
