A Deputación acondiciona co Plan de Rebacheo 800 quilómetros de estradas provinciais, distribuídas en 11 Concellos: Vilalba, As Nogais, Cospeito, Pol, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Mondoñedo, Monterroso, Viveiro e Antas de Ulla. Precisamente, foi neste último municipio da Ulloa, onde a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, supervisou estas actuacións.
García Porto remarcou que “no caso de Antas de Ulla, estamos a arranxar 11 estradas, beneficiando de xeito directo ós 2.000 veciños dos núcleos poboacionais polos que discorren”. Trátanse da propia capitalidade, cunha poboación de 700 habitantes, así como doutras 21 parroquias, con 1.308 veciños segundo o padrón. Estas son as seguintes: Cibreiro, Facha, Olveda, Peibás, Queixeiro, Reboredo, O Rial, Santa Mariña, Santiso, Vilanuñe, San Martiño de Vilapoupre, Agüela, Alvichón, Amoexa, Arbol, Arcos, Santa Cristina de Areas, Barreiro, Casa de Naia, Cervela e Cutián. A Deputada remarcou “hai que ter en conta que estas vías unen Antas de Ulla cos Concellos de Chantada, Palas de Rei, Taboada, Monterroso e Rodeiro (en Pontevedra) polo que o número de beneficiados destes traballos son miles”.
En Antas de Ulla son 14 operarios e 10 máquinas (2 cisternas, 4 camións, 2 pisóns e 2 retroexcavodoras) os que están a arranxan os 50 quilómetros das 11 estradas provinciais: 0301 de Antas de Ulla a Rodeiro; 0302 de Antas de Ulla, por Santa Mariña, a Borraxeiros; 0303 de Santiso a Cruceiro; 0304 de Arcos ó Santo da Agüela; 0305 de Gradoi a Cruceiro; 0306 de Santa Mariña a Fradegas; 0307 de Outeiro, por Amoexa e cara a Santiso; 1809 de Chantada a Antas de Ulla; 3302 de Monterroso a de Chantada a Antas de Ulla; 4002 de Palas de Rei, por Ponte Merced, a Antas de Ulla; 4003 da cp 4002, por Chorexe, a Santa Mariña.
Máis de 500 quilómetros arranxados
A institución leva a cabo agora estas actuacións tras rematar co acondicionamento de 500 quilómetros de estradas provincias noutros 9 municipios: Xove, Quiroga, Burela, Cervo, A Pastoriza, A Pontenova, Castroverde e Ribas do Sil. Sucesivamente, os 50 operarios e 32 máquinas despregadas co Plan de Rebacheo actuarán nos municipios lugueses que restan, arranxando a totalidade da rede viaria provincial, a máis extensa de España con máis de 4.200 quilómetros, e mellorando as comunicacións en todos os municipios. Para elo, conta cun orzamento de 5 millóns de euros.
Outras melloras executadas
Estes actuacións súmanse as levadas a cabo polo actual Goberno Provincial nos últimos anos. Por exemplos, o Executivo de Gómez Besteiro multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente, e hoxe son 1.000 os que contan con este material. Por este motivo e tendo en conta que esta superficie está en boas condicións, o número final de quilómetros sobre os que se intervirá co Plan de Rebacheo é de 3.200.
Ademais de aglomerar en quente 1.000 quilómetros, o Goberno provincial acometeu dende a súa chegada á Deputación outras importantes melloras nas estradas da súa competencia, como a sinalización e balizamento das vías dos 67 Concellos lucenses. Entres outras actuacións, destacan: colocación de máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop), dun milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas, máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña; sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades; ou instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



