Lugo, 25 de xuño de 2013. O pleno da Deputación de Lugo aprobou esta mañá por unanimidade a proposta de acordo de goberno para requirir a Novagalicia Banco que, no prazo dun mes, inicie a devolución íntegra dos aforros dos afectados e afectadas polas participacións preferentes e obrigacións subordinadas. De non producirse este reintegro a Deputación procederá a cancelar os acordos vixentes coa entidade, tendo en conta a aplicación de criterios obxectivos e a preservación dos intereses da provincia. Deste xeito, a institución lucense quere amosar a súa intención de non ser cómplice deste roubo no que os aforros dos galegos e galegas están a ser empregados para cubrir os buracos da burbulla financeira provocada pola incapacidade dos directivos das antigas caixas galegas e algúns representantes políticos. O pleno foi seguido por un grupo de membros da Plataforma de Afectados polas Preferentes de Lugo, que aplaudiron esta decisión da Deputación lucense.
“Non queremos ser cómplices dun Goberno como o de Mariano Rajoy que, a través do Ministerio de Economía, do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e dos reais decretos lei avalados pola maioría absoluta do Partido Popular no Congreso e o Senado, está a ser coautor desta estafa millonaria. A solución é tan simple como unha decisión política que esixa a devolución íntegra dos aforros” – defendeu o portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro.
Mario Outeiro lamentou o feche da vía da arbitraxe, conseguida grazas ao traballo e mobilización das plataformas de afectados, cando aínda hai miles de persoas que se están enterando de que foron enganados e son propietarios de preferentes e subordinadas. “Grazas á arbitraxe, única vía gratuíta, recuperarán os seus aforros ao redor de 36.000 persoas por un importe de preto de 500 millóns de euros, pero o seu feche deixa fora do proceso, só en Lugo, a máis do 80 por cento dos afectados que agora quedan totalmente discriminados. Por iso desde o grupo de Goberno da Deputación solicitaremos o apoio do Partido Popular para instar ao FROB, como dono de Novagalicia Banco, ao Goberno do Estado e á Xunta de Galiza a que se reabra a vía da arbitraxe até que recuperen o seu capital todos os afectados e afectadas, xa que aínda están atrapados ao redor de 1.500 millóns de euros.”
Corridas de touros
O BNG non conseguiu o apoio das outras dúas forzas políticas na Deputación de Lugo para declarar a esta institución contraria á celebración de corridas de touros en Galiza. O voto en contra por parte do grupo do PP foi argumentado por Fernando Pensado, quen xerou polémica nas súas declaracións afirmando que “non está demostrado que o touro sufra nas corridas”.
Dende o Grupo Provincial do BNG criticouse o feito de que os eventos taurinos reciban cada vez máis subsidios, algo que responde a un intento de homologación e asimilación cultural, vinculada a unha festa nacional na que prevalece a crueldade animal. Mario Outeiro, portavoz do BNG na Deputación de Lugo, afirmou que “consideramos as touradas un espectáculo macabro e absolutamente alleo á cultura e tradición galega e rexeitamos calquera tipo de apoio a esta actividade a través de diñeiro público, máxime nun contexto de crise socioeconómica como o actual, no que resulta unha indignidade moral grave destinar fondos públicos a promover á barbarie taurina mentres cada vez máis familias se atopan en risco de exclusión social”.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



