Lugo, 12 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, presentaron hoxe as novas axudas do Igape para impulsar o crecemento, a competitividade e a internacionalización das empresas lucenses. Durante unha xornada técnica desenvolvida na sede da Escola de Empresarios (CEL), coincidiron en salientar que a discriminación positiva do Impulsa Lugo converte á provincia nunha zona privilexiada para os proxectos empresariais.
Neste senso, Arias salientou que o Impulsa e a futura Lei do Emprendedor potenciarán Lugo como un ecosistema propicio para a creación de novas empresas. Destacou ademais que ese apoio é global por parte da Xunta, o que se traduce en varias liñas de axuda para investimentos abertas por diferentes consellerías, que inclúen medidas de discriminación positiva para Lugo.
Como parte das medidas de respaldo do goberno galego ao tecido económico, Javier Aguilera destacou que os emprendedores de Lugo xa teñen á súa disposición o programa reEmprende, con apoios mínimos garantidos do 25% nesta provincia. Subliñou ademais que os creadores de novos negocios poden cubrir ata o 50% dos investimentos, de ata 500.000 euros, ben sexan en novos negocios ou en empresas de recente creación.
O director do Igape sinalou que a Consellería de Economía e Industria está a habilitar vías para o financiamento de todo tipo de proxectos empresariais, desde os apoios a grandes investimentos ata os microcréditos para os pequenos proxectos de autónomos e microempresas. E no eido da internacionalización, salientou que o número de empresas de Lugo que exportan medrou un 14% durante o último ano, e lembrou que o Igape dispón dun amplo abano de servizos e axudas para manter os apoios na procura doutros mercados.
Na xornada desenvolvida esta tarde participaron tamén o director de Competitividade do Igape, Norberto Penedo, e o director de zona de Afigal, José Luis Feijoo Alonso.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



