O Concello de Lourenzá acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán, que acollerán a nenos e rapaces de 5 a 16 anos durante os meses de xullo, agosto e setembro ata o inicio do curso escolar. Terán un prezo total, para todo o verán, de 15 euros e o prazo para anotarse rematará o día 27 deste mes de xuño, xoves. Anunciouno hoxe a concelleira delegada de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane. As prazas son limitadas e as inscricións deben presentarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, que está situada nas dependencias da biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá. Os interesados tamén poden informarse chamando ao teléfono 982.12.15.52 en horario de cinco a oito da tarde.
Campamentos de verán en Lourenzá
Campamentos de verán en Lourenzá
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, asistiu este sábado ao acto de lembranza e homenaxe a Dino Pacio Lindín (Xemil, Pastoriza, 1934-Nova Iorq, 2025), que se celebrou na Casa da Cultura de Pastoriza
-
Ribadeo celebra este sábado a festividade do seu co patrón, San Roque. Pola mañá saíron os Cocos, houbo misa, procesión, concerto da Banda Municipal de Música e sesión vermú
-
A Asociación gastronómica Os Cacholeiros do Valadouro, celebrou a súa XXXIV Asamblea Xeral Ordinaria este sábado 16 de agosto no Restaurante Asturias en Ferreira