Foz, 15 de Agosto de 2025. A irmandade entre Foz e Mondoñedo escribiu este sábado unha nova páxina de afecto, tradición e compromiso compartido coa celebración do Día de Mondoñedo en Foz, unha cita que, ano tras ano, afonda nos vínculos históricos e culturais que unen ambas localidades mariñás e organiza con esmero o Hotel Islanova e Sons Varadero de Foz coa colaboración de ambos concellos e a Deputación Provincial de Lugo.
Os actos estiveron cargados de emotividade e referencias históricas a este día no que antiguamente familias mindonienses aproveitaban o festivo do día 15 e o disfrutaban na praia de Foz, así como realizando xuntanzas e citas gastronómicas.
Este ano pregoaron este acto a mestra focense, María Fernanda Fernández por parte de Foz, e Zalo García pola banda de Mondoñedo. Ambos testimonios puxeron de manifesto os sólidos lazos destes dous municipios da Mariña Lucense.
Non faltaron tampouco os pasarrúas de gaitas polos locais de hostalería, nun ambiente de confraternidade que define á perfección o espírito deste encontro.
A xornada pechouse cun concerto no barrio da Islanova, na cabeceira da praia da Rapadoira, onde soaron ritmos de raíz galega coa orquesta Sons Varadero, poñendo o broche de ouro a un día cheo de simbolismo e alegría.
Segundo o promotor do evento, José Maria García Rivera: “O Día de Mondoñedo en Foz xa é moito máis ca unha celebración puntual: é un exemplo de irmandade, cooperación institucional e de orgullo comarcal, que lembra que a Mariña é forte cando camiña unida”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



