Lugo, 7 de xuñode 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular vese unha vez máis na obriga de esixir o compromiso firme da Deputación Provincial de Lugo co deporte da provincia tanto profesional como afeccionado. Neste caso, os populares a través de rolda de prensa da súa voceira, Elena Candia, arroupada polos deputados provinciais, José Manuel Mato e José Manuel Gómez Puente, manifestaron a súa intencionalidade de “non permitir que dous deputados –do Grupo Provincial do BNG- acaben co C.B. Breogán polo que lle esixen ao presidente do ente, José Ramón Gómez Besteiro, que tome as medidas oportunas e presente un plan de viabilidade que garanta a seguridade e o futuro do club.
Ante esta situación, os populares pídenlle a Gómez Besteiro que se pronuncie sobre o seu posicionamento e o do seu grupo socialista ante a decisión do BNG sobre o procedemento de alleamento do Breogán. Así o puxo de manifesto Elena Candia quen lle pediu explicacións a Besteiro “e que deixe claro se a súa liña será a da colaboración co deporte como fixo co Lugo ou están por encima os intereses políticos do goberno”.
“É o momento de que amose o seu deber como presidente”, explicou Candia, ao tempo que lamentou que José Ramón Gómez Besteiro se converteu no único presidente da Deputación de Lugo ao que se lle presentaron alegacións aos orzamentos e ás subvencións nominativas por parte de entidades deportivas, que reclamaban un reparto xusto e equilibrado.
En relación á subvención excepcional ao C.D. Breogán,que se vén de aprobar na xunta de goberno desta maná, por unha contía de 205.000 euros; Candia en referencia aos nacionalistas asegúralles que todo parece indicar “que vostede non colabora co deporte, vostedes vense na obriga de sufragar débedas froito da súa mala xestión”.
Elena Candia explicou que se está a falar “dunha mala xestión e dunha utilización partidista dun club por parte dun partido político que o preside en función do seu interese e o que abandona, parece ser para non xustificar o non apoio ao Lugo”. Ante este feito, os populares pídenlle explicacións aos nacionalistas sobre a xestión do C. D. Breogán.
Os populares tamén se preguntan polo método elixido para desfacerse do paquete accionarial, a través da doazóns de accións. De igual maneira, dende o Grupo Provincial Popular piden explicacións sobre este proceder e cuestiónanse o agasallo de accións compradas con diñeiro público.
O PP apartou intereses políticos e apoiou a un Besteiro en debilidade no tocante ao Club Deportivo Lugo; e agora pide unha actitude de compromiso por parte do presidente provincial xa que é indigno que “se estea a vestir a un Santo para desvestir a outro”, concluíu.


















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



