Cervo, 7 de xuño de 2013-O alcalde, Alfonso Villares, valorou hoxe o anuncio feito polo Sergas en relación á problemática do centro de saúde de Cervo. O Servizo Galego de Saúde informou de que a partir do día 17 de xuño dito ambulatorio contará cun médico para a prestación de servizos de atención primaria que procederá do consultorio de San Ciprián.
O rexedor asegura que “o Concello nin apoia, nin respalda, nin avala a decisión tomada polo Sergas para os centros de saúde de Cervo e San Ciprián”. Villares explica que a Consellería de Sanidade só lle plantexou ao Concello dúas posibilidades: ou manter os tres médicos de San Ciprián e pechar o consultorio de Cervo, ou recolocar a un dos facultativos de San Ciprián en Cervo. “Dentro desas dúas únicas opcións que contemplou a Consellería, o Concello preferiu aquela que permitía a continuidade de ambos centros” asegura o mandatario cervense.
“De ningunha maneira podiamos apoiar a desaparición do ambulatorio de Cervo” engade o rexedor, “e a reubicación dun facultativo de San Ciprián era a única alternativa que ofrecía Sanidade para non pechar o centro de saúde”. Ademais o primeiro edil quere deixar claro que “dende o Concelllo de Cervo defendemos como algo irrenunciable e indiscutible a prestación de servizos médicos de calidade nos dous consultorios do municipio” e de feito “así o temos esixido diante da Consellería de Sanidade e do Sergas en canto tivemos coñecemento da situación”.
Villares tamén explica que “aínda que esta saída non nos guste, o Sergas transmitiunos que esta reorganización non afectará á calidade da asistencia médica e que está dentro das ratios recomendadas”. Algo que o rexedor matiza: “O goberno de Cervo vixiará e permanecerá expectante para comprobar e esixir que este compromiso de calidade se cumpra”.
O mandatario cervense tamén quere poñer de manifesto a importancia de manter activo o ambulatorio de Cervo “tanto pola necesidade de dar unha cobertura médica o máis próxima posible evitando desprazamentos, pero tamén como un servizo que mantén vivo a un núcleo de poboación”.
Críticas do PSOE
“En momentos coma este, nos que a veciñanza está preocupada” manifesta Villares, “o PSOE non está á altura”. O rexedor lamenta que os socialistas “intenten incendiar á cidadanía e fomentar os localismos asegurando que hai diferenzas entre uns veciños que, en realidade, son dun único concello”. “Os socialistas coas súas declaracións queren enfrontar aos veciños de Cervo e San Ciprián e cuestionar a unidade dun pobo que ninguén máis que os señores do grupo municipal socialista pon en dúbida” engade o rexedor, que ademais lembra que “toda desunión dun pobo é prexudicial e que no Concello de Cervo todos os veciños son iguais e iso é polo que seguiremos velando, pola prestación idéntica dos servizos en todo o territorio municipal”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



