O Vicedo, 28 de xuño de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de O Vicedo celebrará 6 cursos durante os meses de xullo e agosto.
Do día 1 ata o día 31 de xullo o curso “Programación en Scrach”, co que se pretende que os nenos aprendan a facer o seu propio videoxogo dunha maneira sinxela e facil. O horario será de 12:00 a 12:45 horas martes e xoves.
Do día 1 ata o día 31 de xullo o curso “Iniciación a procesador de Texto Libre Writter para nenos”, co que se pretende que os nenos aprendan a manexar o procesador de textos para a creación de cartas, traballos ou calquera outra documentación. O horario será de 12:45 a 13:30 horas martes e xoves.
Do día 1 ata o día 31 de xullo o curso “Iniciación a busqueda de diferentes contidos pola rede para nenos”, co que se pretende que os nenos aprendan a buscar diferente información na Rede para a súa posterior utilización en traballos. O horario será de 13:30 a 14:00 horas martes e xoves.
Do día 1 ata o día 31 de xullo o curso “Navegación Web para adultos”, co que se pretende que os adultos aprendan a buscar cousas na rede, manexarse co correo electrónico e poidan calcular rutas no coche. O horario será de 11:00 a 13:00 horas luns, mércores e venres.
Do día 1 ata o día 31 de xullo o curso “Perfeccionamento e práctica da navegación web e redes sociais”, co que se pretende que os adultos perfeccionen as habilidades adquiridas no curso de Iniciación e ademais tomen conciencia do uso das redes sociais. O horario será de 10:00 a 12:00 horas os martes.
Do día 1 ata o día 31 de xullo, ademais poderase disfrutar da Aula Aberta (horario de 10:00 – 11:00 e 13:00 – 14:00 os luns, mércores e venres; así coma os xoves de 10:00 – 12:00) e da Zona Wifi que permanecerá activa de 10:00 – 14:00.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de O vicedo sito Cidade de Mondoñedo Nº23, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 982590195, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.ovicedo@xunta.es.