Lugo, 5 de xuño de 2013.- Logo de que o Señor Besteiro, presentase esta mañá o programa INNOVATE-empresa, a voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, lembrou o mal funcionamento deste programa nos concellos e agarda que non suceda o mesmo coas empresas.
“No caso de que se presenten deficiencias, agardamos que Gómez Besteiro non faga oídos xordos aos empresarios, tal e como fixo ás queixas dos alcaldes, en relación ao mal funcionamento do seu programa estrela, o INNOVA-TE”- manifestou Candia, quen asegurou que Besteiro estivo a vender como “novos servizos”, prestacións que xa ofertara, cun pésimo resultado, en pasadas anualidades e sen “corrixir as deficiencias que estas presentaron e que lle reclamaron reiteradamente os rexedores”.
A voceira popular lembrou que, ata o de agora, o ente provincial suspende na dotación de novas tecnoloxías aos concellos e especialmente no funcionamento do seu programa estrela, o que conleva a non rendibilización de fondos europeos polo que agarda que non aconteza o mesmo coas empresas.
Tanto é así que a popular fixo referencia a críticas como incidencias continuadas no rexistro telemático, páxinas web sen modernizar, supresión de internet no rural e mesmo PDAs para a lectura de contadores de auga que nunca chegaron a funcionar.
Conclúe Elena Candia manifestando que ata o de agora, o pouco compromiso da Deputación Provincial de Lugo con algúns concellos da provincia a través do INNOVA-TE resúmese na simple instalación de pantallas de televisión nas entradas das Casas Consistoriais con información turística sobre a provincia de Lugo, chegando a non acenderse en algún caso.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



