A Concellería de Deportes ven de por en marcha un novo programa de actividades para este verán baixo o título “ACTÍVATE NO VERÁN 2013”, con actividades variadas e para todo tipo de idades. Estas actividades van desenvolverse dende o 1 ao 31 de xullo. Actividades programadas:
FITNESS.- Actividade dirixida a maiores de 18 anos. Vaise desenvolver os luns e mércores en horario de 10:15 a 11:15 horas.
XOGOS INFANTÍS.- Dirixidos a nenos e nenas de Infantil ata 4º de Primaria. Haberá dous grupos:
Grupo 1 (dirixido a nenos/as de Infantil), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 10:30 a 11:30 horas.
Grupo 2 (dirixido a nenos/as de 1º a 4º de Primaria), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 11:30 a 12:30 horas.
ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES.- Esta actividade vaise realizar os luns de 11:15 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:30 horas.
A inscrición para todas estas actividades (fitness, xogos infantís e actividade física para maiores), de carácter totalmente gratuíta, hai que realizala no Rexistro de Entrada o Concello, cubrindo a corresponde folla de inscrición. As prazas das actividades cubriranse por rigorosa orde de rexistro, xa que son limitadas. O horario para inscribirse é de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres, na oficina de Rexistro na entrada do Concello. O prazo de inscrición vai estar aberto do 17 ao 27 de xuño, émbolos dous días incluídos.




















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



