Espazo Ecosocialista cre necesario seguir afondando no respecto á diferenza e ampliando as liberdades con respecto aos dereitos afectivos e sexuais das persoas.
O día do orgullo GLTB celebrase nun retroceso de dereitos en un ambiente social conservador auspiciado desde as institucións. A crise estase volvendo na escusa perfecta para que o PP e o seu contorno mediatico e institucional aplique políticas de recortes sociais e liberdades que teñen que ver coa proposta dogmática e moralizante conservadora que están dispostos a aplicar.
Estes recortes e limitacións encóntranse no enfoque dos servizos sociais, nos recortes da sanidade pública ou no reponte do acoso que a mocidade LGTB recibe nas aulas.
Para Espazo Ecosocialista a aposta pola radicalización da democracia, a construción dunha nova democracia ligada a un novo proceso constituinte debe esta baseada na amplitude das liberdades e dereitos, fundamentalmente aqueles que teñen que ver coa dimensión afectiva e sexual das persoas.
Espazo Ecosocialista apoia as mobilizacións que co gallo do Día do Orgullo LGTB celebraranse e sumase á mobilización que o sábado 29 de xuño celebrarase en Vigo co Lema ‘liberdade sen recortes’ e promovida polo colectivo Nos Mesmas.