Mujeres en Igualdad Burela realizou a súa segunda campaña de Operación Kg para La Despensa de Alimentos que esta asociación xestiona en Burela. Así, quere destacar a boa acollida e solidariedade con este proxecto mostrada polos veciños de Burela e Foz que non escatimaron á hora de encher os carros que BUMEI fará chegar ós máis necesitados. A presidente da asociación, Mary Fraga, agradece tamén a labor da directiva, as afiliadas, os supermercados Eroski e Familia e ASPANANE, entidade que xestiona o Banco de Alimentos na Mariña, e que colabora no reparto de alimentos sendo tamén beneficia do mesmo. Mujeres en Igualdad de Burela recorda que traballan para ofrecer servizos e axudas que inclúen alimentos, roupeiro, libros, banco bebé o de maiores, pero tamén cursos formativos, lúdicos, de orientación ou deporte. Nese sentido, veñen de asinar un acordo con Meniñ@s Formación e Ocio de Burela para ofrecer ás mulleres vítimas de violencia de xénero un servizo de atención para nenos en horario de mañá totalmente gratuíto para posibilitar a súa búsqueda de emprego nese horario. Esta asociación de recente creación, pero de enorme impulso, atópase traballando noutros dous proxectos en apoio ás familias en risco de exclusión social.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



