CADERNOS DA VIAXE. Bó sería que Galicia for o país europeo onde máis doado fose fundar unha empresa, respectando sempre á legalidade administrativa, ambiental, fiscal e laboral. A dereita e a esquerda españolas nunca miraron pola empresa. O capitalismo español foi históricamente un capitalismo alicerzado no BOE e esta situación non mudou, mesmo afortalouse, coas privatizacións de Felipe González e Aznar-Rato, que consolidaron un núcleo de empresas reguladas e moi politizadas, que sobrancean no IBEX 35 canda bancos e distribuidoras eléctricas.
Mais detras dalgunhas propostas pro-emprendemento empresarial agáchase unha trampulleira maquillaxe das porcentaxes do desemprego para reduciren as prestacións. Non se lle pode própór a ninguén, con só 3000 euros de axuda e unha cota de SS de 50 €/mes algún tempo, que emprenda un proxecto empresarial para o que non conta con formación nin vai contar con financiamento. A aventura remataría nun ano coa expulsión do mercado dese falso autónomo, seica lastrado cunha débeda importante sobre o seu patrimonio e o dos seus máis próximos.
Promover o emprendemento obriga a outra caste de políticas. Obriga a moderar as cotizacións da SS para as pemes e a só percebir o IVE destas cando se cobre. Obriga fornecer de instrumentos de formación empresarial continua que permitan coñecer os mercados e albiscar as oportunidades. E, nomeadamente, debe fomentar colaboracións e sinerxias entre emprendedores. Sós non podemos, ao mellor con socios si. E a economía social, coas súas cooperativas e sociedades limitadas laborais, estase a revelar como un eixo transversal que destrúe moito menos emprego ca a grande empresa capitalista, por exemplo. Estase a revelar como un muro á destrución de emprego, polo menos na nosa Galicia.
Promovermos o emprendemento, si. Mais sen nos enganar con falsas cadraturas do circulo.
A ARRINCADEIRA: O ABSURDO LOCALISMO.
O descenso non ten doada solución, agás confiar nunha nova equipa alicerzada no adestrador-Fernando Vázquez-que nos devolveu a ilusión e nesta afección, a mellor da Europa. Parabéns ao Celta, que demostrou ter unha afección maioritariamente galega e deportiva, agás excepcións lamentábeis.
Xoán Antón Pérez-Lema





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



