O Valadouro, 3 de xuño de 2013.- O alcalde do concello lucense do Valadouro, José Manuel Lamela, que no día de mañá ten previsto someterse a unha moción de censura auspiciada polos grupos da oposición, quixo aproveitar as que previsiblemente serán as últimas horas no seu cargo –na actual lexislatura- para render contas ante o conxunto da opinión pública e os veciños do que foi, ata o momento, o seu mandato como alcalde: dous anos de goberno.
O rexedor fixo un repaso á boa situación das arcas municipais e aos principais proxectos que se executaron no municipio ou que quedan nunha tramitación administrativa moi avanzada. Datos que demostran a falta de consistencia de PSOE, Udival e BNG para fundamentar o súa moción de censura, xa que recibirán como herdanza un concello saneado, probablemente un dos que se atopan na mellor situación económica en Galicia, en contraste co contexto xeral de dificultade, e con preto de 742.000 euros en investimentos, obras, servizos e actividades en beneficio dos veciños.
AS ARCAS MUNICIPAIS SANEADAS
No ámbito económico o alcalde subliñou a fortaleza das contas públicas xa que logo existe un remanente de Tesouraría que se sitúa en 360.000 euros, moi por enriba do mínimo legalmente establecido. As arcas municipais tamén arroxan un superávit de 150.000 euros e, a día de hoxe, hai cero euros en créditos, polo tanto, ningún nivel de endebedamento. Valadouro é un concello saneado, forte, con capacidade para dar resposta ás necesidades dos veciños, que cumpre cos seus provedores e que non precisa de axustes orzamentarios, nin novas taxas.
742.000 EUROS EN INVESTIMENTOS
Lamela quixo deixar claro que durante os últimos dous anos non houbo nin parálise, nin falta de investimento, ao contrario, moito traballo e plena dedicación a pesar da nula colaboración por parte da oposición. Un esforzo que permitiu levar adiante obras por valor de 741.915 euros entre as que destacou a nova Pista de andadura –única en Galicia-, a segunda fase do saneamento de Moucide ou a remodelación da praza Triana.
O concello xa ten aprobados ou moi avanzados outros proxectos como é o caso da terceira fase do saneamento da parroquia de Mouicide que será executada con cargo do Canón Eólico que achega Xunta ou o Polígono Industria de O Valadouro, que xa conta co informe que quedaba pendente de Patrimonio e tan só precisa da aprobación definitiva do Pleno para a súa remisión final á Xunta.
RECIBIR UN CONCELLO TAN BEN COMO O ENTREGA
O actual rexedor lembrou que a candidatura do Partido Popular do Valadouro foi a que maior apoio electoral acadou nas últimas eleccións municipais e aspira a volver a ser forza de goberno nos próximos comicios locais, aos que xa adianta ten previsto presentarse de contar co apoio de compañeiros e afiliados.
Lamela concluíu cun chamamento á actual oposición: “Espero que cando regrese a alcaldía, cando os concelleiros do PP volvamos á responsabilidade de goberno, recibamos un concello tan saneado e con tal bo balance como o que eles herdan”


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



