O Valadouro, 3 de xuño de 2013.- O Partido Popular do Valadouro subliñou hoxe que a poucas horas do debate da moción de censura que busca apartar da alcaldía á candidatura más votada polos veciños os partidos da oposición seguen “sen facer público o programa de goberno, nin tampouco as cláusulas do pacto que asinaron ante notario PSOE, Udival e BNG”. Os populares denuncian, unha vez máis, “a falta de transparencia” o e a nula información que socialistas, independentes e nacionalistas practican e que, “lonxe de declaracións de boas intencións, e promesas varias, aínda non foron quen de dar a cara e explicarse ante os veciños”.
OCULTAN TADOS AOS SEUS PROPIOS VECIÑOS
“Din que non teñen ningún problema en facer público o pacto. Pero a horas do pleno no que se tratará a moción de censura, este pacto, que a condiciona, e a totalidade das súas cláusulas son segredas. Están ocultas aos veciños. Din que gobernan movidos por ideas e por un programa común, pero este programa, si existe, tamén segue sen facerse público, e incluso, noutras declaracións destes mesmos concelleiros adiantan que xestionarán as áreas de xeito independente, sen interferencias, constatando que en vez de unha coalición teremos dous gobernos, os integrantes do futuro bipartito desconfían mutuamente, os uns dos outros” –din desde o PP local para concluír que “nace un goberno escuro, con pes de barro, e ocultando datos aos seus propios veciños”.
PREZO POLÍTICO Á ALCALDÍA
Desde o Partido Popular aseguran que “reclamar transparencia e esixir que non se mercade coa política local ou que non se converta a gobernabilidade nunha cuestión económica e non política, non é un capricho, ou unha pataleta, senón unha esixencia de sentido común e de puro respecto democrático”. Pola contra, “de seguir actuando como ata o de agora, o Valadouro pasará á historia por ser o primeiro concello no que o seu goberno puxo prezo á alcaldía, coa complicidade de PSOE, independentes e BNG e auspiciado do secretario provincial socialista José Ramón Gómez Besteiro como instigador desta artimaña”
A XUSTIZA DECIDIRÁ
O PP mantén a súa intención de impugnar o acordo ante os tribunais unha vez que se aprobe a moción de censura. “Será a xustiza quen poña coto, quen se pronuncie logo de consumarse o atropelo antidemocrático que pretenden facer neste concello, dos que consideran o servizo público como unha mera transacción comercial, enlodando o futuro deste municipio e desprezando o mandato que nas urnas deron os veciños do Valadouro”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



