Este domingo 2 de xuño, milleiros de persoas démonos cita en Compostela nunha manifestación histórica contra a megaminaría contaminante e colonial, convocadas por unha manchea de organizacións ecoloxistas, sociais e plataformas veciñais. Foi a manifestación ambientalista máis miultitudinaria dende o Prestige; a resposta pacífica, mais contundente, da cidadanía galega de ben, dos bos/as e xenerosos/as contra as ducias de de proxectos mineiros pairan sobre o noso ambiente, agardando para arramplar cos nosos recursos e deixarnos contaminación e desfeitas ecolóxicas, coa conivencia do PP. Feijóo, atende: A defensa da Terra move a milleiros!
Corcoesto, O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta… son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia).
E isto pode acontecer porque malia a que o estado español non foi formalmente rescatado, unha troika perversa integrada polo capitalismo, a especulación e a corrupción fomenta que grandes empresas transnacionais, coa cooperación necesaria e cómplice do PP, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais. Estes proxectos agresivos, cunha forte compoñente especulativa debido ao alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais, esquecen á poboación local e extírpana das súas terras para poder apropiarse da súas riquezas e da súa vida.
faixalianzaNon só algúns recursos concretos están ameazados polo expolio (ouro, terras raras, wolfram, coltán…), son tamén os chamados servizos ecosistémicos os que están en xogo. Os servizos que nos prestan os ríos, pola súa capacidade de fornecernos de auga e de depurar (aotodepurar) a contaminación; os bosques (captura de CO2 e sustento da biodiversidade); as montañas (captción de auga e regulamentación do ciclo hídrico); ou as costas (amortecemento dos impactos do cambio climático e berce de recursos alimenticios), entre outros, están tamén ameazados.
Porque GALIZA NON É UNHA MINA, FÓRA AS EXPLOTACIÓNS CONTAMINANTES E COLONIAIS !
Ligazóns: MANIFESTO MINARÍA ALIANZA RURAL GALEGA

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



