O vindeiro domingo, 7 de xullo, a Asociación “Abrindo Camiño” ten preparadas unha morea de actividades para pechar as VI Xornadas do Peregrino. O programa dese día comezará ás dez da mañá coa presentación do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” para, de seguido, percorrer o roteiro turístico-cultural dedicado ao autor de “Cantares Gallegos”, ruta que conta xa cunha audioguía dixital a disposición de todos aqueles que dispoñan dun terminal con sistema operativo Android. Un xantar campestres na área recreativa da Fervenza dará paso a xogos populares e fluviales. Xa pola tarde, ás oito e media e na Casa da Xuventude terá lugar unha charla coloquio sobre o ensino público na que participará o escritor Matías Escalera Cordero, Profesor e Portavoz da Asemblea de profesores de Alcalá de Henares. Escalera é un dos impulsores do movemento “Marea Verde” e recentemente publicou un libro titulado “Memorias de un profesor malhablado”. Ao remate da charla o profesor, escritor e músico, César Morán ofrecerá un concerto.
Mondoñedo, sede da clausura das VI Xornadas do Peregrino
Mondoñedo, sede da clausura das VI Xornadas do Peregrino
Relacionado
-
O deputado de Rural e Mocidade achegouse este sábado a feira do libro de Ribadeo “Letras no campo” que conta coa participación do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
-
O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta, foi este venres escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’
-
Presentación en Vilalba de “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, de Luz Darriba