O equipo cadete do CD Foz puxo a primeira pedra no seu camiño na fase de ascenso a Liga Galega cadete, ó derrotar en Ribeira ó Salvora CF por 1-2. O equipo de Oke, saíu disposto dende un principio a non especular e así xa no minuto seis de encontro adiantouse no marcador cun gol de Germán. Isto fixo que o equipo xogara máis relaxado e controlando o partido, onde incluso dispuxo de un par de ocasións que puideron aumentar a renda antes do descanso. Na segunda parte o equipo de Ribeira tratou de buscar a portería focega cun xogo moi directo, pero sen apenas crear perigo ó meta Xosé, ata que o arbitro sinalou un penalti que el non veu e que lle marcou o linier presionado polo público. Despois do penalti houbo unha expulsión dun xogador focego e xa con dez no campo , e a falta de 5 minutos Dani volveu a adiantar cun remate de cabeza. O CD Foz amosouse superior ó equipo da casa. Agora queda o partido de volta en Foz para que se culmine a eliminatoria.
Pola súa parte os infantís de Burunda caeron derrotados na Coruña, ante o Calasanz por 4-0. Só queda un partido para rematar a Liga e a vantaxe de dous puntos ante o Milagrosa fai que o vindeiro encontro ante o Santiago sexa vital para manter a categoría. Dende aquí facemos un chamamento ós afeccionados para que a vindeira fin de semana acudan a animar, primeiro o sábado ós infantís e logo o domingo a cadetes, para pasar a primeira eliminatoria da fase de ascenso.