O PP de Viveiro esíxelle á delegación de medio ambiente do Gobierno municipal que tome as medidas oportunas para erradicar definitivamente os vertedoiros incontrolados nas paraxes singulares do noso concello.
“Cando a estas alturas, xa deberían lucir limpos e frescos ás portas do verán, tanto nas Nogueiras como en Cova Caída (Celeiro) a situación non mellorou”, critican os populares.
“Fai tan so uns días denunciabamos en Cova Caída, ó lado da depuradora de Celeiro, a acumulación de escombros que presuntamente pertencen a unha obra cercana que non tivo a decencia de retirar tal e como marcan os canons, e preferiu, supoñemos que por deixadez e comodidade, abandonalo nesta zona pública ante a pasividade do Goberno do señor Roel”, manifesta o concelleiro do PP, Celestino García.
“O mesmo sucede no paseo de As Nogueiras, no Barrio de Penjamo, onde os restos de ramallos e lixo procedente das podas de parques e xardíns municipais, se concentran na parte alta da área natural. As malas herbas e a falta de papeleiras nas cercanías denotan a falta de coidado e atención da paraxe singular a poucos días das festas do Carme e a súa celebrada sardiñada nas Nogueiras”, apuntan os populares.
Ademais, consideran que “sería bo que a delegación socialista de Medio Ambiente recapacitase, ante o estado das zonas xa mencionadas e outras tantas significativas nas nosas guías turísticas coma o Monte Faro en Area onde a maleza campa ás súas anchas…, hai restos de lixo e non se reparan as roturas e destrozos ocasionados polos temporais e os vándalos no mobiliario urbano durante o longo inverno”.
“Consciente da cantidade de metros cadrados de zona verde no noso municipio o PP de Viveiro estima que xa esperou o tempo suficiente para que o Goberno do señor Roel cumprise coas súas obrigas medioambientais. E por iso que esiximos unha intervención inmediata nos citados lugares”, conclúe o concelleiro do PP de Viveiro.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



