O grupo Saudade de Ribadeo participou onte en Santiago no café da memoria do Museo do Pobo Galego, que estaba adicado ás gaiteiras. Ata alí se desprazaron Mari Beni Cubero Loredo, Conchita Redondo Lastra, Mª Teresa Rodríguez Ruíz e Mª Carmen Rodríguez Ruíz, que compartiron as súas experiencias coa percusionista do grupo Os Rosales de Rianxo, Maruxa Miguéns Lustres. Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo “o café da memoria é unha cita que se fai unha vez ao ano e que está dedicada ás persoas maiores que resaltaron nalgún eido”. Medio cento de persoas se achegaron ao Museo do Pobo Galego a disfrutar deste intercambio de opinións e vivenzas, “deses relatos daquelas e daqueles que son fonte viva da historia recente e que nos axudan a interpretar o mundo no que vivimos”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



