A XXXIII Feira Campomar celebrarase do 27 ao 30 de agosto cunha ampla programación dedicada ao campo, ao mar, á tradición, á gastronomía e á cultura
Tapia de Casariego, 19 de agosto, 2026. Tapia de Casariego prepárase para acoller unha nova edición da Feira Campomar, unha das citas máis destacadas do calendario estival do concello. A XXXIII edición terá lugar entre o xoves 27 e o domingo 30 de agosto de 2026 e contará cun extenso programa de actividades dirixidas a todos os públicos.
A programación arrancará oficialmente o xoves 27 de agosto. Durante a mañá desenvolveranse obradoiros infantís e unha visita guiada á finca ecolóxica El Cabillón, mentres que pola tarde se realizará unha visita á pomarada de Luis Alberto López Ramos. Ás 19:00 horas terá lugar a inauguración oficial da XXXIII Feira Campomar, coa presenza de autoridades e a participación da Banda de Gaitas Marino-Tapiega. Posteriormente abriranse os stands e realizarase o percorrido oficial, e ás 22:00 horas actuará a banda de rock tapiega Bacotexo.
O venres 28, Día da Galocha, a tradición asturiana será unha das grandes protagonistas. A xornada incluirá unha demostración en vivo da elaboración artesanal de galochas, obradoiros infantís, unha carreira en galochas con ovo e culler, cata de viños de Cangas e unha sesión vermú con baile en galochas. Tamén haberá unha visita guiada ao Castro do Esteiro, cata de meles de Asturias, degustación de requeixón e diferentes entregas de premios. A música chegará da man do Grupo de Baile Tradicional Ramón de Campomamor e, ás 22:00 horas, do grupo Mariachi Hispanoamérica.
O sábado 29, Día do Campo, comezará cunha proba oficial de Rally Obediencia e coa II Mostra Tapia Autóctona, dedicada ás razas autóctonas asturianas. A gastronomía ocupará tamén un lugar destacado cun show cooking elaborado con produtos do campo.
Un dos momentos centrais da xornada será ás 12:30 horas, co homenaxe aos homes e mulleres do campo, que este ano recoñecerá a Fernando Redondas Fernández, de Casa de Xinés, en Salave, e a Adelina López Fernández, de Casa Diego do Picón, en Campos.
O sábado completarase con música tradicional, concursos populares con mascotas, un obradoiro de elaboración de bebidas fermentadas probióticas e a entrega do I Premio de Narrativa “Manuel García-Galano”. Ás 22:00 horas, a actuación do grupo Cum Laude pechará a xornada.
O domingo 30, Día do Mar, Campomar volverá poñer en valor a estreita relación de Tapia co mundo mariñeiro. Ás 10:00 horas terá lugar unha oración e ofrenda floral en lembranza dos mariñeiros falecidos, no balcón da Cofradía de Pescadores. Despois celebrarase unha visita guiada ao Faro de Tapia con subida á lanterna.
Ás 12:30 horas terá lugar o homenaxe aos homes e mulleres do mar, que distinguirá a Higinio Pérez Ferrería e Arcadia Méndez Rivas. A xornada continuará cun show cooking con produtos do mar, unha sesión vermú amenizada polo Coro Villa de Navia, obradoiros infantís e, ás 20:00 horas, a clausura oficial da XXXIII Feira Campomar, acompañada pola Banda de Gaitas Marino-Tapiega.
Ademais, durante os días da feira poderán visitarse diversas exposicións, entre elas a mostra fotográfica “De Tapia, de toda a vida…”, de José Manuel Peña; a exposición “Os gardiáns do mar. Tras as luces dos faros. Asturias e Galicia”, de Pablo Fernández García; unha réplica a escala real dun Fórmula 1 Ferrari fabricado integramente en madeira, de Carpintería Méndez; e unha exposición de maquinaria tradicional do campo.
Programación previa aos días da feira
Como antesala á apertura oficial, Campomar contará cunha programación previa desde o domingo 23 ata o mércores 26 de agosto, con propostas culturais, infantís, gastronómicas e divulgativas.
O domingo 23, ás 20:30 horas, celebrarase no Auditorio da Casa da Cultura a entrega da distinción de Fillo Predilecto a José María Martínez Fernández, “Jomar”, como recoñecemento aos seus 25 anos regalando a súa arte para ilustrar os carteis da Feira Campomar.
O luns 24 comezará ás 12:00 horas coa presentación da XXXIII edición da Feira Campomar, a cargo do Concello de Tapia de Casariego e Caja Rural de Asturias. A xornada incluirá tamén un obradoiro de perfumes, unha visita guiada á granxa de alpacas “La Pimpolosa”, en Mántaras, e, ás 20:30 horas, a representación teatral “Historias del lavadero de Puerto de Vega”, da Asociación Cultural Remocicarte, no Auditorio da Casa da Cultura.
O martes 25, Día da Infancia, realizarase unha visita á rula de Tapia, organizada pola Cofradía de Pescadores San Pedro. Entre as 11:00 e as 13:00 horas abriranse ademais as inscricións para a Feira Infantil Solidaria, cuxos postos serán adxudicados aos seus titulares e terán unha cota solidaria de 5 euros destinada á Asociación El Ángel de Javi.
O mércores 26, Día do Bollo e da Sidra, comezará cun obradoiro de iniciación á cerámica e continuará cun show cooking sobre pan e sidra, tradición e circularidade en Asturias. Pola tarde haberá obradoiros de xogos tradicionais de madeira, a Feira Infantil Solidaria, o obradoiro creativo “As fadas da pomarada” e o XXXIII Concurso de Escanciadores. Ás 19:00 horas ofrecerase unha demostración de elaboración de sidra; entre as 20:00 e as 21:30 horas terá lugar o tradicional reparto do bollo e sidra Solleiro, acompañado pola Banda de Gaitas Marino-Tapiega, e a xornada finalizará ás 22:00 horas co concerto “Mar Abierto”, de Foz.
Para participar nas diferentes actividades que requiren inscrición, desde hoxe, 19 de agosto, ábrese o prazo para os obradoiros e visitas da Feira Campomar. As prazas son limitadas e as inscricións realízanse de maneira presencial na Oficina da Feira Campomar, situada na planta baixa do Concello, en horario de 10:00 a 11:00 horas.
Con esta nova edición, Campomar volve reunir en Tapia de Casariego campo e mar, tradición e cultura, gastronomía e ocio, ofrecendo catro xornadas centrais de actividades e poñendo en valor as raíces, os oficios e as persoas que forman parte da identidade do concello.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



