A Mariña, 19 de agosto, 2026. A primeira presenza de La Ritirata no Festival Bal y Gay, este martes 18 de agosto, reunía todos os ingredientes para converterse nunha cita especial: unha formación de referencia internacional na interpretación histórica, un programa dedicado a un dos compositores máis vinculados á historia musical española e un escenario emblemático, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cun século de vida cultural ás súas costas.
O resultado foi unha auténtica celebración de Luigi Boccherini, vista desde unha perspectiva que La Ritirata domina como poucas formacións: a dun compositor italiano que fixo de España —e moi especialmente de Madrid— un dos grandes territorios da súa imaxinación musical.
A programación do festival continúa este mércores 19 de agosto, ás 21:00 horas, nun dos espazos máis singulares do Bal y Gay: a Catedral-Basílica da Asunción de Mondoñedo. A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias (OSPA), dirixida por Miguel Sepúlveda, interpretará a Obertura das Hébridas, op. 26, de Felix Mendelssohn, e a Sinfonía nº 2 en re maior, op. 36, de Ludwig van Beethoven. O concerto xa colgou o cartel de localidades esgotadas.
🎻 Primeira visita ao festival tras máis de 600 concertos
Fundada en 2009 polo violonchelista Josetxu Obregón, La Ritirata consolidouse como unha das formacións españolas máis recoñecidas no ámbito da música antiga e, de maneira moi destacada, como unha referencia internacional na interpretación de Boccherini.
Obregón dirixiu o conxunto en máis de 600 concertos por Europa, América e Asia, e participou na gravación de 16 discos para selos como Sony Music/Deutsche Harmonia Mundi e Glossa. A súa traxectoria está especialmente ligada á recuperación e difusión do repertorio barroco e clásico, cunha especialización recoñecida en Boccherini e no clasicismo español.
Esta experiencia fíxose especialmente visible en Fandango, o programa presentado no Festival Bal y Gay, que percorre cinco obras de Boccherini:
Quinteto para cordas en si bemol maior, G. 337
Minuetto do Trío nº 2 en sol maior, G. 102
Musica notturna delle strade di Madrid, G. 324
Adagio do Concerto para violonchelo e cordas en sol maior, G. 480
Quinteto nº 77 en re maior, G. 341, op. 40/2, coñecido como Fandango
Máis que unha sucesión de obras célebres, o programa debuxa un retrato de Boccherini a través da súa relación con España. O compositor, nacido en Lucca, desenvolveu boa parte da súa carreira na corte española e atopou en Madrid un universo sonoro propio, feito de danzas, músicas populares, cerimonias e escenas urbanas. O quinteto Fandango, que dá nome ao programa e ao disco homónimo de La Ritirata, incorpora o ritmo desta danza popular e é un dos exemplos máis claros da asimilación do español na súa linguaxe musical.
🎼 Rigor histórico e proximidade ao público
A interpretación de La Ritirata inscríbese nun enfoque que combina rigor histórico cunha lectura viva e accesible, sen que a investigación musicolóxica se converta nunha barreira entre a partitura e o público.
As críticas recibidas polo programa Fandango destacan de maneira reiterada o equilibrio entre claridade, dinamismo e musicalidade do conxunto. Os expertos cualificaron como excelente a interpretación destes quintetos, subliñando a claridade das texturas, o dynamismo equilibrado e a capacidade da formación para revelar a complexidade que se agocha tras a aparente ligereza de Boccherini.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



