Mondoñedo, 05 de xuño de 2013.- O Partido Popular manifesta a súa crítica ante a “falta de xestión” do alcalde, Orlando González. O descontrol do equipo de goberno que lidera o nacionalista provoca que as obras no lugar do Vilar non conten coa correspondente autorización urbanística autonómica.
Así o explican os populares tras tres acceso a un escrito da Consellería de Medio Ambiente, remitido ao Concello de Mondoñedo, con data 5 de febreiro de 2013, no que se ven obrigados a desestimar a solicitude do Concello de Mondoñedo de autorización autonómica previa a concesión de licenza municipal para o centro de interpretación da prehistoria e remate de obras pendentes no lugar do Vilar.
Esta situación derívase da non resposta do Concello de Mondoñedo aos requirimentos da Xunta de Galicia nos que solicitaban, a través de dous escritos, de data 5 de abril de 2011 e 18 de outubro de 2011, determinada documentación, regulada por lei, necesaria para complementar o expediente e poder así a Xunta de Galicia conceder a autorización urbanística previa á licenza municipal.
Os populares tachan de “lamentable” que o bipartito mindoniense non fora quen de remitir dende o ano 2011 a documentación complementaria requirida pola Xunta de Galicia e prive unha vez máis aos veciños de servizos dinamizadores do turismo.
Ante esta situación, os populares vénse na obriga de esixir responsabilidades políticas, pedir explicacións ao respecto e esixir o cumprimento da obriga de goberno asumida.
Os populares consideran que esta situación que está a provocar o bipartito na administración local é insostible e a falta de capacidade e compromiso resulta evidente en cada tramitación.
Este feito confronta o pouco traballo, descontrol e falta de compromiso do BNG e do PSOE mindoniense en comparativa co actitude colaboradora da Xunta de Galicia que se pon de manifesto, ademais de nunha boa xestión, na concesión dun obradoiro de emprego para esta localización do Vilar.
Outro caso de obra que non cumpre a normativa urbanística
Os populares tamén se viron na obriga de alertar que as obras do Centro da Interpretación da Cova do Rei Cintolo non contan coa oportuna autorización autonómica, a pesar de que as obras xa están comezadas.
“Os veciños de Mondoñedo, si teñen que cumprir a normativa e o equipo de goberno debe dar exemplo”, reiteran os populares, en referencia a un proxecto que custa máis de 28.000 euros e que queda nunha ubicación absolutamente desacertada.
Os populares consideran moito máis axeitado que se investise este diñeiro público en adecentar unha entrada a esta cavidade, logo de perder, tal e como se explicou en reiteradas ocasións, o investimento acadado por gobernos anteriores.

















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



