Mondoñedo, 22 de xuño de 2013- Os populares locais agradecen a iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario Popular na que instan á Xunta de Galicia a poñer en marcha liñas de cooperación cos concellos declarados de interese turístico, como é o caso de Mondoñedo, para levar a cabo accións de atención e información aos visitantes na tempada estival.
Neste senso, os populares felicítanse por un proposta na que se demanda a colaboración da Xunta para a contratación do persoal nas oficinas de turismo durante os meses de verán, e que redundará no mantemento da calidade do servizo ofrecido pola oficina de turismo local, así como na potenciación da imaxe turística de Mondoñedo.
A voceira popular, Elena Candia, lembra que Mondoñedo ten acadado esta distinción segundo se recolle no D.O.G. do 3 de xaneiro de 2000, o que implica unha manifestación firme do compromiso do Concello coa potenciación do sector turístico e que se debe seguir mantendo dende a administración local.
Neste senso, Candia lembra que o seu grupo municipal xa trasladou unha iniciativa a pleno local, aprobada por unanimidade, e na que de igual maneira, solicitaban o fortalecemento da oficina de turismo, trasladando así as conclusións ás que chegaran na mesa celebrada en abril para o fomento do turismo local.
O Partido Popular, en colaboración con hostaleiros e empresarios locais, está a promover proxectos e iniciativas que permitan aproveitar o potencial turístico que ofrece Mondoñedo, e cuxos requisitos históricos, monumentais, paisaxísticos e naturais lle permitiron ter acadado a distinción de interese turístico.
A dinamización do turismo é a principal liña de traballo seguida polos populares locais, feito polo que agradecen calquera iniciativa presentada a nivel autonómico que procure liñas de cooperación con concellos en aras de manter unha boa calidade do servizo aos visitantes en datas de maior demanda.

















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



