O vindeiro sábado día 8 de xuño os atletas das ED Lourenzá-Mondoñedo da categoría benxamín e alevín con marca entre os 16 mellores de Galicia estarán no Galego de Atletismo.
10:30 Julia Córdoba(Campiona Provincial) na Final de Lanzamento de Peso alevín feminino.
11,30 Hugo Rguez(Campión Provincial), Adnan Itrih e Bruno Santos na final de Lanzamento de Peso alevín masculino.
12,00 final de 500 metros lisos para Aleix Díaz en categoría alevín Masculino onde parte coa 6ª mellor marca.
12,10: Ana Vallines na final de 2000 metros lisos, actual campioa provincial.
12,25: Hugo Rguez e Adnan Ithir na Final de Lanzamento de pelota alevín masculino.
13,00: Ainara Rguez. na final de 1000 m. lisos alevín feminino.
13,20: Diego Rguez. e Fernando Vallines na final de Peso benxamín masculino.
Tamén compiten da Mariña o colexio Martínez Otero de Foz: Ana Fdez. en Peso e Pelota benxamín feminino, Carmen Rguez. en Pelota alevín feminino e Borja Nogueira en Altura alevín masculino.