Ribadeo, 12 de xuño de 2013. A Concellaría de Servizos Sociais pon en marcha por segundo ano consecutivo o programa de bancos de libros de texto, que neste 2013 chega tamén á educación secundaria. Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden deixar os libros dos seus fillos/as desde o 21 de xuño ao 5 de xullo no CEIP Gregorio Sanz e no CPR Sagrado Corazón. E as persoas que desexen beneficiarse deste programa poderán solicitar os libros no departamento de Servizos Sociais do 5 ao 19 de xullo, segundo daba a coñecer no día de hoxe a concelleira Teresa González Piñeiroa.
A edil nacionalista lembrou que “o Concello de Ribadeo, a través da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais, o ano pasado puxo en marcha o programa de bancos de libros de texto. Esta iniciativa xurdía cunha intención de continuación no tempo e coa idea de que paulatinamente se fora ampliando este fondo de libros. O factor primordial que potenciou esta iniciativa foi a situación económica. Nin que dicir ten os tempos nos que vivimos, nos que a crise económica afecta considerablemente ás familias. Pero primaban tamén outros tres factores, como a solidariedade, fomentando entre a poboación máis nova sobre todo a importancia de doar de maneira altruísta material que xa non se precisa. Outro factor tamén importante é o respecto ao medio reutilizando os libros. E evidentemente outro factor non menos importante é o uso correcto dos memos, intentando na medida do posible non escribir neles nin rompelos e darlle un uso adecuado”.
González Piñeiroa dixo que “o ano pasado esta iniciativa fíxose unicamente na educación primaria, porque como era algo novo non sabiamos aínda moi ben como podería funcionar. E este ano imos traballar tamén con secundaria. Polo tanto a recollida de libros vaise facer tamén entre o alumnado do CEIP Gregorio Sanz e no colexio Sagrado Corazón. Vanse recoller libros de texto de Primaria e Secundaria. No IES de Ribadeo non se vai levar adiantes esta campaña porque dentro do instituto xa puxeron en marcha eles un programa interno”.
Desde o Concello de Ribadeo “puxémonos en contacto coas direccións dos centros e segundo a información que temos nós todos os manuais empregados durante este curso 2012-2013 van estar vixentes para o curso que vén. Polo tanto todos os libros de texto que se empregaron este ano recóllense e serán reutilizados o próximo ano”, sinalou a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais.
Teresa González explicou que “esta campaña que iniciamos agora para o curso que vén vaise desenvolver en dúas fases. Unha primeira que empeza o 21 de xuño, cando xa remata o curso e o alumnado que aprobou xa non precisa os libros para setembro, falo de Secundaria, e remataría o 5 de xullo, período no que esas persoas que xa non os precisan poderían entregar os libros que se atopen en bo estado; e logo despois o persoal de Servizos Sociais vainos seleccionando e reparando as posibles eivas que poderían ter. E do 5 ao 19 de xullo as persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poden presentar a solicitude para a obtención e uso dos libros de texto dispoñibles, evidentemente co compromiso de devolución no mesmo estado no que se recibiron”. Os trámites poderanse facer no auditorio municipal, que é onde está a sede dos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, en horario de 9 a 14 horas.
A adxudicación dos libros de texto realizarase conforme a un baremo no que primarán os factores económicos e sociais. A edil do BNG indicou que “pretenderase na medida do posible que todas as persoas doadoras que tamén precisan se vexan beneficiadas dalgunha maneira deste préstamo. Evidentemente intentarase axustar un pouco a oferta e a demanda dos fondos que teñamos para adxudicalos o mellor posible, pero sempre tendo en conta os factores económicos e sociais”.
Á concelleira de Servizos Sociais gustaríalle que “todas aquelas persoas que teñan material que xa non van usar que o doen, porque sempre hai que darlle unha nova vida aos libros”.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



