O grupo de voces Sons de Celeiro estreouse na tarde-noite do sábado 22 de xuño diante de preto de 300 persoas no centro sociocultural da Casa do Forno de Celeiro. Os asistentes puideron disfrutar de 10 temas da nova formación que conta con 16 integrantes que levan ensaiando dende o pasado mes de outubro dirixidos por Daniel Caxete (autor de dous dos temas que máis impresionaron na estrea: “Son de Celeiro” e “O barco”) e Toni Docampo. Sons de Celeiro, continúa os seus ensaios aberto a recoller novas voces tanto masculinas como femininas para ampliar a formación. O Colectivo chilindrín Penalba foi o encargardo da organización desta actuación dentro do ciclo cultural @culturanoforno que acolleu tamén a reaparición do grupo de danzas “Nova semente” de Celeiro, que tamén forma parte da ACD Colectivo chilindrín Penalba, e presentou unha exhibición de 2 bailes dun grupo formado por 12 bailaríns, acompañados polo grupo de gaitas “Nova Semente, reaparecendo nunha nova andaina logo de anos sen que o baile tradicional formara parte da actividade cultural de Celeiro.
