Ramón Fraga López.- Hoxe, aí sobre as dúas da tarde e cando me dirixía para Foz , dende Burela, para almorzar, puiden falar co amigo Suso do Bahía, por teléfono (teño mans libres no coche), que se atopa internado no HULA de Lugo dende xa fai uns días, por uns problemas como diría el, nas rodas, e que o levarán a operarse o vindeiro mércores. Os que coñecemos a Suso, xa sabemos que a maior dificultade que lle aporta a vellez, son as pernas, e vémolo camiñando co seu bastón polas rúas moi despaciño. A mala circulación, unido a outros problemas, fixo que houbera que internalo e levar a cabo a devandita operación.
A verdade e que a pesar de saber do seu carácter,sempre positivo, eu tiña medo de atopalo un pouco deprimido despois de levar, como xa dixen, varios días aló internado, e sabendo do seu amor pola liberdade, pero todo o contrario. Atopeime cun home cheo de forza, de ánimo, e incluso contento, contándome a cantidade de visitas que tivera, o que lle aportaba una ledicia grande o saber que conta con tantos amigos. Contoume dos dolores que tiña, pero como quen conta una batalla bélica regodizándose da historia. En fin que me quedei ledo de escoitar o amigo Suso desprendendo vigorosidade cando eu, probe de min pensaba todo o contrario.
Quero dende estas páxinas, dende este espazo que el moitas veces tingue de palabras, para contarnos mil cousas, desexarlle una feliz intervención quirúrxica, e que pronto poidamos volver a velo paseando polas nosas rúas, e escribindo outros mil e pico artigos polo menos, para deleitarnos coa súa sapiencia. Moita sorte Suso. Vémonos.
Caxé





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



