O Centro Asociado de Lugo e as súas aulas de Foz, Monforte e Viveiro poñen en marcha unha nova edición dos Cursos de Verán da UNED cunha ampla programación que pretenden ofrecer calidade, variedade, actualidade e novidade. Este ano ofrécense dous cursos que se poden realizar por streaming (dende a casa): “Análise de Redes Sociais. 2º Summer Course en Análisis de Redes Sociales (ARS) e 2º Workshop en Investigación de ARS (Código 087) que se desenvolverá dende o 26 ó 28 de xuño e “Emprendedores: modelos de negocio para el nuevo marco socioeconómico (Código 110) que se realizará dende o 8 ó 12 de xullo. O primeiro contará con 20 horas lectivas e convalidables por un crédito ECTS e créditos de libre configuración. A súa matrícula pode realizarse no seguinte enlace: http://extension.uned.es/actividad/5340&codigo=ADRS-. Así mesmo, o segundo terá 35 horas lectivas que se poderán convalidar por 1,5 créditos ECTS, 3 crétidos de libre configuración ou 3 créditos MECD. A súa matrícula pode realizarse a través deste enlace: http://extension.uned.es/actividad/5339&codigo=EMDNP.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



