Lugo, 9 de xullo de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou este martes 9 de xullo, xunto ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, Cheché Real, a campaña promocional de achegamento da nosa cultura e dos lugares turísticos de referencia aos turistas que se achegan á nosa provincia a través dos baixo pratos con información turística que se editan para seren distribuídos polos locais hostaleiros lucenses.
Tal e como explicou Mario Outeiro, “a campaña consiste no reparto de 400.000 baixo pratos, ao longo destes meses, por toda a provincia de Lugo, entre os establecementos de hostalaría onde, nesta ocasión, se promocionarán as rutas fluviais que pon en marcha a Área de Turismo da Deputación: a dos Robles e Belesar, no río Miño, e a de Doade, no Sil, así como os museos pertencentes á Rede Museística, entre outros puntos de interese cultural e turístico”.
Mario Outeiro destacou que “os baixo pratos proporcionan información básica moi útil para todos os turistas, de feito son moitos os que o levan para facer uso del e é moi común, tal e como se ten constatado en moitas ocasións, que o primeiro que fan os turistas antes de que os sirvan é apartar o prato para mirar no mapa onde están, cara onde van e que é o que van facer”.
Pola súa banda, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, Cheché Real, sinalou que é unha iniciativa que se pon en marcha por sexto ano consecutivo xa que ten moi boa acollida tanto por parte dos hostaleiros, pola súa funcionalidade e servizo, coma polos turistas, que atopan nel a información básica para a súa viaxe e os seus días en Lugo. Nesta liña, deu o seu agradecemento á Área de Turismo da Deputación por axudar a pór en marcha iniciativas deste tipo, que contribúen a mellorar os índices turísticos en Lugo.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



