A Peña Barcelonista San Miguel, ven de presenta-la VII edición do xa tradicional torneo de basket 3*3.
Nesta edición, terá lugar o próximo sábado día 17 de agosto, no pabillón polideportivo do Colexo público de San Miguel de Reinante (Barreiros – Lugo), a partir das 10.30 h.
O torneo disputarase nunha primeira fase de liguiña por grupos, para pasar posteriormente a unha segunda fase de eliminatorias directas, chegando así a coñecer ós tres primeiros clasificados. Haberá trofeo para os tres primeiros equipos e contarase con duas pistas simultáneas.
A inscripción é totalmente gratuita e o prazo para apuntarse remata o día 15 da gosto.
Os equipos teñen que estar compostos por un mínimo de 3 xogadores e poden ser mixtos (homes e mulleres).
Os métodos de inscripción ou para recibir máis información son, a través do tfno. 625 821 044. por correo electrónico pbsanmiguel@yahoo.es ou na web http://penhabarcelonistasanmiguel.jimdo.com/ na sección actualidade.
Dende a peña animan a todo-los amantes do deporte a participar nesta mañá de deporte e bo ambiente. Especialmente animan ás afeccionadas femeninas, xa que nas seis anteriores edicións só se contou coa participación dunha muller.
O torneo está organizado po-la Peña Barcelonista San Miguel, e colaboran a Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo (área de deporte e cultura), o Concello de Barreiros e o Colexo de San Miugel de Reinante.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



