Como acadar a implicación en procesos e proxectos sociais? Para iso está este curso de verán sobre participación, implicación e traballo colaborativo. Un curso que non deberían perder responsábeis, activistas ou persoas implicadas en asociacións diversas, servizos e equipos de normalización, entidades varias, colectivos sociais, culturais, xuvenís…, e persoas interesadas en xeral que poden aplicar as dinámicas de participación e implicación a diversos ámbitos alén do sociolingüístico, etc.
De “as portas están abertas” a “este proxecto é teu”; a importancia da democracia implicativa; experiencias de implicación desde a base ou desde entidades; a participación na dinamización en Euskal Herria; as potencialidade do xogo serio para a implicación en proxectos; a comunicación implicativa; etc. Estes son algúns dos temas que se traballarán neste curso que a Universidade da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), a Xunta e o Concello de Carballo, organiza do 17 ao 19 de xullo no edificio Forum Carballo.
Os obxectivos principais son reflexionar sobre o papel central da participación, a implicación e o traballo colaborativo nos procesos de cambio social e coñecer e procurar formas de busca e apoio da participación e implicación na dinamización lingüística.
O prazo de matrícula está aberto ata o día 11 de xullo e pode facerse a través do web da Universidade da Coruña: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm.
Intervencións, mesas, propostas e grupos de traballo ao longo de tres días
Ao longo dos tres días intervirán persoas expertas como a arquitecta salvadoreña Alicia Tenze, da Rede Cimas, de profesionais comprometidos/as coa transformación social, que na conferencia inaugural falará sobre métodos e estratexias de implicación. Tamén se coñecerán experiencias de implicación galegas desde administracións, como o proxecto Sonda Norte, de Ribadeo, a través de Xavier Campos, ou a Rede de Entidades Amigas da Lingua, de Pontevedra, a través de Conchi Cochón; e a viceversa, con experiencias de implicación desde a base, coa intervención do dinamizador e contador Celso F. Sanmartín, do crego Rubén Aramburu ou de Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Para pechar o día haberá unha sesión de xogos populares, con chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro…
No segundo día, o técnico da cooperativa vasca Emun, Txerra Rodríguez, falará sobre a participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. A continuación, o coach madrileño e facilitador Lego Serious Play, Carlos Martínez, explicará as potencialidades innovadoras do “xogo serio” para a implicación en proxectos. Da man do dinamizador burelao Bernardo Penabade, as persoas participantes coñecerán métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística, e, para pechar o día, Queca Carballo presentará o Viveiro de propostas normalizadoras da CTNL, a partir do que as participantes traballarán en diversas propostas.
E xa o último día, o venres 19 de xullo, a presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento e educadora social, Ania Piñeiro, explicará métodos e experiencias para a comunicación implicativa. Da conferencia de clausura encargarase a consultora catalá en xestión pública e participación cidadá Marta Martorell, que falará de democracia implicativa para os procesos de cambio social.
Para asociacións, activistas, servizos e equipos de normalización…
O curso está especialmente dirixido a responsábeis de asociacións diversas, a membros de servizos ou equipos de normalización lingüística ou de entidades varias, colectivos sociais, culturais, xuvenís…, e a persoas interesadas en xeral que poden aplicar as dinámicas de participación e implicación a diversos ámbitos incluso alén do sociolingüístico, etc.
Máis información en:
– Web da CTNL: http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1103
– Web do SNL da UdC: http://www.udc.es/snl/IX_curso_veran.html
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



