Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2013. A Mesa pola Normalización Lingüística fixo públicas este martes as queixas recibidas por parte dunha alumna da UNED que viu con abraio como nos manuais e nos exames da materia “Comunicación Oral y Escrita en Lengua Española II” había toda unha listaxe de topónimos galegos nos que as formas xenuínas e oficiais eran marcadas como incorrectas e se prescribía a súa substitución polas formas deturpadas en español.
Deste xeito, tanto nos exercicios como nos exames da materia, o alumnado vese obrigado a corrixir Ourense por *Orense, Arteixo por *Arteijo, Poio por *Poyo, O Carballiño por *Carballino ou Ponteareas por *Puenteareas, que son as formas sinaladas como “correctas” no manual.
Alén diso, A Mesa denunciou que no citado manual se dá a entender que só as administracións deben respectar a legalidade no que aos topónimos se refire, diferenciando entre “uso oficial” e “uso xeral”: “tan absurdo es oponerse a un uso aprobado por ley como pretender que tal uso se extienda por sistema a los ámbitos no oficiales”, sinalan neste libro da UNED, para despois criticar os medios de comunicación que respectan a legalidade:
“en España, muchos periódicos, cadenas de radio, televisión, etc., no radicados en Galicia utilizan la forma A Coruña, cuando lo lógico, en estos casos, es emplear el topónimo tradicional español: La Coruña”
Desde a maior asociación cultural de Galiza manifestaron que é falaz e demagóxico situar o respecto á toponimia galega no mesmo saco que o uso de toponimia inglesa, alemana ou neerlandesa, como fai este manual:
“Hai unha razón evidente para que un medio de comunicación estatal utilice A Coruña mais non London, e é que o inglés non é unha lingua oficial no Estado español… O artigo 3.3 da Constitución sinala que “A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”, respecto e protección que a Constitución non prescribe para o inglés, o alemán nin o neerlandés” argumentan desde A Mesa pola Normalización Lingüística.
Segundo a Mesa a doutrina transmitida polo manual é contraria aos propios estatutos da UNED, nomeadamente o seu artigo 5 que sinala como unha das súas “misións fundamentais” o “apoio ás linguas e culturas de España”.
Por este motivo desde a asociación en defensa da lingua anunciaron que tomarán medidas para esixir que a UNED -institución amplamente subvencionada por concellos e deputacións galegas, alén de polos impostos que pagamos todas e todos- respecte a toponimia galega, única xenuína, oficial e correcta dos nomes de lugar da Galiza.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



