A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco convida a tódolos veciños de Foz e á xente da Mariña a participar este luns día 22 de xullo no espectáculo de maxia titulado ¿Onde está o Mago Antón? Dentro da oferta cultural que a asociación A Pomba do Arco está a traer ao concello de Foz non podía faltar a maxia e esta debía vir da man do mago máis recoñecido do panorama galego, o Mago Antón. Este espectáculo chega cargado de novos trucos que se divide en dúas xornadas: a primeira terá lugar o día 21 de xullo, domingo, e o Mago Antón pasearase polo noso concello de Foz amosando á xente coa que se atope parte dos seus mellores trucos de maxia e convidándoos ao acto principal que terá lugar na Casa da Cultura de Foz o día 22 de xullo, luns, ás 20.30, con entrada gratuíta.
A Pomba do Arco convida a un espectáculo de maxia do Mago Antón
A Pomba do Arco convida a un espectáculo de maxia do Mago Antón
Relacionado
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR